Artur Friedenreich, nado en São Paulo o 18 de xullo de 1892 e finado o 6 de setembro de 1969, foi un futbolista brasileiro. Alcumado O Tigre ou Fried, foi a primeira grande estrela deste deporte no seu país.
Traxectoria Despois de xogar en diversos clubs de São Paulo de 1910 en diante, Friedenreich fixo a súa estrea na Selección Brasileira en 1914. Xogou 22 encontros internacionais, incluíndo as conquistas das edicións Copa América de 1919 e 1922, marcando dez goles. Na xira do Brasil por Europa en 1925, chamábano o Rei do Futebol.
Friedenreich xogou en São Paulo nos equipos do Paulistano (1909-1929) e o São Paulo (1929-1931), antes de se mudar a Río de Xaneiro para xogar no Flamengo (1929-1931). Foi o máximo anotador no Campeonato Paulista de Futebol en nove ocasións.
Dise que marcou 1329 goles, o que o faría o maior artilleiro de tódolos tempos, superando a Pelé, que marcou 1280. O problema é que ese número nunca se comprobou.
Retirouse no Flamengo en 1934 aos 42 anos.
Clubs Germânia (1909 e 1911) Ypiranga (1910 e 1913 a 1915 e 1917) Mackenzie (1911) Brasil-SP (1912) Americano-SP (1912) Atlas-SP (1914) Paysandu-SP (1915 e 1916) Paulistano (1916 a 1929) Flamengo (1917 e 1934) Internacional-SP (1929) Atlético Santista (1929) Santos (1930 e 1935) Dois de Julo-BA (1933) Atlético Mineiro (1933) São Paulo da Floresta (1930 a 1935)
Véxase tamén Ligazóns externas https://web.archive.org/web/20050816204958/http://www.futbolfactory.futbolweb.net/index.php?ff=historicos&idjugador=44 http://www.netvasco.com.br/mauroprais/futbr/fried.html http://www.e-biografias.net/biografias/arthur_friedenreich.php
Categoría:Nados en São Paulo Categoría:Futbolistas do Brasil Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Clube Atlético Mineiro Categoría:Nados en 1892 Categoría:Finados en 1969