Vicente Quiroga Rodríguez, nado en Quiroga en 1940,«El Campo Castelo es mi lugar de residencia y de ocio», entrevista en La Voz de Galicia, Lugo, 6-1-2019, p. 4. é un político galego de tendencia conservadora e aparellador de profesión.

Traxectoria Foi alcalde de Lugo durante dous mandatos, entre 1983 e 1991, primeiramente fora elixido nas filas da Coalición Popular e a continuación, tras problemas coa súa formación, pasou a formar parte de Coalición Progresista Galega. Quiroga compartiu corporacións municipais, entre outros concelleiros, con Alfredo Mosteirín, Aniceto Codesal, Julio Ulloa Vence, Francisco Cacharro ou Manuel Varela Flores.[http://elprogreso.galiciae.com/nova/76900.html?lang=gl O ex alcalde de Lugo Vicente Quiroga foi hospitalizado nun centro coruñés] El Progreso'', 17 de febreiro de 2011.

Na súa etapa de goberno municipal construíronse os dous aparcadoiros subterráneos do centro histórico e o da Praza da Constitución en Lugo.

No ano 1996 foi condenado por falsidade en documento mercantil. Tras diversos recursos esta condena converteuse en firme e mesmo o Tribunal Constitucional confirmouna.BOE núm. 14, 16 de xaneiro de 2001 .

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Lugo

Categoría:Alcaldes de Lugo Categoría:Alcaldes de Galicia por Coalición Progresista Galega Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Quiroga Categoría:Nados en 1940 Categoría:Políticos de Coalición Popular Categoría:Políticos de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes