Fernando Mosquera Martínez, nado o 4 de decembro de 1921 e finado o 23 de agosto de 2006, foi un mestre e político galego.
Traxectoria Irmán de Evaristo Mosquera Martínez. Exerceu como mestre nas parroquias de Orazo (A Estrada), Siador (Silleda) e Silleda. Foi nomeado alcalde de Silleda en 1967 e permaneceu no cargo ata 1971. Baixo o seu mandato, unha das rúas da capital municipal tomou o nome rúa Cartaxena, xa que nesta localidade murciana existía unha rúa co nome de Silleda. Finou o 23 de agosto de 2006.
Vida persoal Casou con María Marina Tobío Fondevila e foi pai de Marina e María Fernanda Mosquera Tobío.
Notas
Categoría:Alcaldes de Silleda Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Nados en 1921 Categoría:Finados en 2006 Categoría:Nados en Galicia