José Manuel González Álvarez, nado o 22 de setembro de 1952 en Bande, é un médico e político galego do PPdeG.
Traxectoria Estudou Medicina na Universidade de Santiago de Compostela e ao terminar a carreira exerceu como médico en Lugo e Vilagarcía de Arousa
Fixo un mestrado en Administración Sanitaria e cando o Goberno central transferiu o SERGAS, o conselleiro Manuel Montero Gómez designouno subdirector xeral de Atención Especializada. Era o ano 1990 e comenzaba para González unha carreira de fondo na Administración. No ano 1991 foi designado xerente do Hospital do Meixoeiro de Vigo. José Manuel Romay Beccaría mantívoo á fronte do hospital, onde permaneceu até 1996. Dous anos despois houbo alí seis mortos por aspergillus. González foi imputado no caso, acusado polos familiares das vítimas. O fiscal non formulou cargos. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia acordou anos máis tarde arquivar as dilixencias abertas contra el.
A xestión de José Manuel González á fronte do Meixoeiro foi ben valorada polos sucesivos responsables de Sanidade, e asumiu despois a xerencia do Xeral-Cíes de Vigo, de onde pasou á dirección do Sergas en Pontevedra en xaneiro de 2002. En abril de 2003 foi chamado por Alberto Núñez Feijóo para facerse cargo da dirección provincial de Política Territorial.
Tralas eleccións autonómicas de 2005, cando comezaron a gobernar PSOE e BNG, marchou á Comunidade de Madrid onde foi Director xerente da Fundación Hospital Alcorcón. Nomeado en 2009 xerente do Complexo Hospitalario de Pontevedra (CHOP).
É pai de Manuel González Sanchidrián.
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Reportaxe en La Voz de Galicia "El ex conselleiro de Sanidade José Manuel González Álvarez se situará al frente del CHOP" Faro de Vigo 21/5/2009 . "José Manuel González Álvarez: “La condición de médico acaba siendo fundamental para la gestión”" El Correo Gallego, 28/6/2008 .
Categoría:Conselleiros de Sanidade da Xunta de Galicia Categoría:Nados en Bande Categoría:Nados en 1952 Categoría:Médicos de Bande Categoría:Políticos do PPdeG Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes