José Luis Bugallal Marchesi, tamén chamado Marathon, nado na Coruña o 18 de setembro de 1899 e finado na mesma cidade o 26 de decembro de 1989, foi un xornalista e escritor galego.
Traxectoria Naceu no seo dunha familia de xornalistas. O seu bisavó fora Isidoro Araújo de Lira, xornalista galegocubano de Bouzas, e o seu pai o tamén xornalista Isidoro Bugallal. Estudou o bacharelato en Alemaña e licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, por José Manuel Ponte, Faro de Vigo, 18/10/2007, arquivado dende o orixinal o 2 de agosto de 2012. Como xornalista, colaborou con medios locais, como El Noroeste, El Orzán e Marineda, e tamén no ABC e na Hoja del Lunes de Madrid, pero o seu xornal principal, onde desenvolveu case toda a súa carreira, foi El Ideal Gallego. Dedicouse sobre todo ao xornalismo deportivo. miniatura|Tumba no cemiterio de Santo Amaro da Coruña. En 1951 ingresou na Real Academia Galega a proposta de Manuel Casás, Francisco Vales Villamarín e Ángel del Castillo López. Tamén foi membro da Real Academia de Belas Artes Nosa Señora do Rosario e correspondente da Real Academia de Belas Artes de San Fernando. Vida persoal Casado con Adela Vela Lojo, foi pai de Jaime, Isabel, Luisa, Pilar e José Luis Bugallal Vela.
Obras El coloso de Rande, 1927. El sentimiento lírico materno en la pintura de Ovidio Murguía, 1951. La gaita en Britania, 1956. Sofía Casanova: un siglo de glorias y dolores, 1964. Compostela: piedra y alma, 1983.
Galardóns Medalla de Platino ao Mérito Deportivo. Premio de honra da Agrupación Española de Periodistas Deportivos. O concello da Coruña tenlle adicada unha rúa.
Notas
Categoría:Escritores de Galicia Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Xornalistas deportivos Categoría:Xornalistas da Coruña Categoría:Membros de número da Real Academia Galega Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1899 Categoría:Finados en 1989