Azerbaidján é unha república presidencialista. A dirección de Estado e a dirección de Goberno son separadas do lexislativo. O presidente da república é elixido polo pobo para un mandato de cinco anos. Hai sufraxio universal para maiores de 18 anos.

Poderes Os tres poderes do goberno de Azerbaidján son:

Poder Executivo: composto polo Presidente da República, o seu Gabinete, un primeiro ministro e o gabinete de ministros. O presidente actual é Ilham Aliyev. Poder Lexislativo: componse dun Parlamento (Milli Majlis) con 125 membros, elixidos por un período de cinco anos por distritos electorais. Poder Xudicial: encabezado por unha Corte Constitucional, a cal é só nominalmente independente.

Azerbaidján tornouse independente da Unión Soviética o 30 de agosto de 1991, e o seu primeiro presidente foi Ayaz Mutalibov. A actual constitución data do 12 de novembro de 1995 e modificouse en 2002.

Subdivisións de Azerbaidján 59 distritos (rayonlar; sing.: rayon), 11 cidades (şəhərlər; sing.: şəhər), 1 república autónoma (muxtar respublika), que contén: 7 distritos 1 cidade

Véxase tamén

Outros artigos Relacións exteriores de Azerbaidján Misións diplomáticas de Azerbaidján