Gumersindo Antonio Rodríguez Liz, nado o 21 de maio de 1951, é un político galego do PPdeG.

Traxectoria ATS de profesión. Nas municipais de 1983 encabezou a candidatura de Coalición Galega á alcaldía do Páramo e foi elixido alcalde ao sumar o voto dun concelleiro do PSdeG-PSOE. Nas seguintes eleccións municipais enfrontouse a Tomás Paniagua (PP) e acadou a maioría absoluta con Coalición Galega. No ano 1991 presentouse polo Partido Popular. Continuou como alcalde nas sucesivas eleccións, sempre con maioría absoluta.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais no Páramo

Categoría:Alcaldes do Páramo Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en 1951 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Alcaldes de Galicia por Coalición Galega