Antonio Deibe Sanmartín, nado en Irixoa en 1959, é un político galego do PPdeG.

Traxectoria Electricista de profesión. Foi concelleiro en Irixoa polo PPdeG. Cando finou o alcalde Juan Pérez Díaz o 22 de novembro de 2005, foi elixido para substituílo. Nas municipais de 2007 encabezou a candidatura do PPdeG á alcaldía de Irixoa e foi elixido alcalde por maioría absoluta. Volveu ser elixido alcalde nas eleccións de 2011, 2015 e 2019Concello de Irixoa na FEGAMP, tamén con maioría absoluta.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Irixoa

Ligazóns externas Entrevista en La Voz de Galicia

Categoría:Alcaldes de Irixoa Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Irixoa Categoría:Nados en 1959 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes