José María García Rivera, nado en Foz en 1954, é un político galego do PSdeG-PSOE.

Traxectoria Nas eleccións municipais de 1995 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE á alcaldía de Foz e foi elixido alcalde co apoio do BNG. Nas municipais de 1999 volveu ser elixido alcalde con maioría absoluta, maioría que repetiu nas municipais de 2003. Nas municipais de 2007 volveu ser elixido alcalde co apoio do BNG. Dende 2016 é presidente do Club Deportivo Foz.«Para min o CD Foz é máis que un club, é un sentimento» En 2020 deuse de baixa no PSdeG.García Rivera, alcalde de Foz durante 16 años, se da de baja en el PSdeG

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Foz

Ligazóns externas Entrevista en El Progreso

Categoría:Alcaldes de Foz Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Foz Categoría:Nados en 1954 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes