Gurb é un concello da provincia de Barcelona, en Cataluña, pertencente á comarca de Osona.
Xeografía Limita polo norte cos municipios de Manlleu, les Masies de Voltregà e Santa Cecília de Voltregà; polo oeste con Sant Bartomeu del Grau, polo sur e sueste con Vic e polo leste con Folgueroles, Tavèrnoles, les Masies de Roda e Roda de Ter. A poboación do municipio habita principalmente en masías diseminadas. Està formado por catro parroquias: Sant Andreu de Gurb, Sant Cristòfol de Vespella, Sant Julià Sassorba e Sant Esteve de Granollers de la Plana.
A capital municipal é o núcleo urbano de l'Esperança, próximo á cidade de Vic. Nos últimos anos, o municipio converteuse nunha área de expansión industrial da capital comarcal.
Demografía Evolución demográfica1900 1930 1950 1970 1981 2000 2006 2011 1.5421.7941.8211.6301.5091.6301.898 2.296
Lugares de interese Igrexa de Sant Andreu de Gurb, con elementos prerrománicos. Igrexa de Sant Esteve de Granollers de la Plana, de estilo románico. Igrexa de Sant Julià de Sassorba, con campanario do século XI. Castelo de Vilagelans.
Galería de imaxes
Véxase tamén Ligazóns externas
Sitio web do concello Información da Generalitat de Catalunya Información do Institut d'Estadística de Catalunya
Categoría:Concellos da provincia de Barcelona