miniatura|Graffiti en Caldas de Reis dereita|miniatura|Placa no Carballiño cun verso de Carmen Blanco García. O Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, aprobado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas na súa Resolución 50/134 o 17 de decembro de 1999, celébrase anualmente cada 25 de novembro, en memoria das irmás Mirabal. A proposta para que se celebrase nesa data realizouna a República Dominicana, co apoio de 80 países. Tamén é o día da Revolución das Rosas, un movemento internacional contra a violencia obstétrica.
Historia Na República Dominicana rexistrouse a detención, violación e asasinato das tres irmás Mirabal, Patria, Minerva e María Teresa, feitos que tiveron lugar o 25 de novembro de 1960, por orde do ditador dominicano Rafael Leónidas Trujillo.
En 1981 celebrouse en Bogotá, Colombia, o Primeiro Encontro Feminista Latinoamericano e do Caribe, onde se decidiu marcar o 25 de novembro como o "Día Internacional de Non Violencia contra as Mulleres", lembrando o asasinato das tres mulleres.
En 1993 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas aprobou a Declaración sobre a Eliminación da Violencia contra a Muller, na que se definiu a "violencia contra a muller" comoTodo acto de violencia baseado no xénero que ten como resultado posible ou real un dano físico, sexual ou psicolóxico, incluídas as ameazas, a coerción ou a prohibición arbitraria da liberdade, xa sexa que ocorra na vida pública ou na vida privada. Na devandita Asemblea recoñeceuse que eran necesarios "unha clara declaración dos dereitos que se deben aplicar para asegurar a eliminación de toda violencia contra a muller en todas as súas formas, e un compromiso dos Estados e da comunidade internacional en xeral para eliminar a violencia contra a muller."Declaración sobre a eliminación da violencia contra a muller Resolución 48/104. Asemblea Xeral de Nacións Unidas. Aprobado o 20/12/1993. Publicado o 23/02/1994.
O 17 de decembro de 1999, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas designou o 25 de novembro coma o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. A ONU invitou os gobernos, organizacións internacionais e organizacións non gobernamentais a organizar actividades dirixidas a sensibilizar o público respecto do problema neste día coma unha celebración internacional.
O Fondo de Desenvolvemento das Nacións Unidas para a Muller (United Nations Development Fund for Women, ou Unifem, en inglés) tamén observa regularmente a xornada, e ofrece suxestións para que outros a observen.
En outubro de 2006 presentouse o Estudo a fondo sobre todas as formas de violencia contra a muller, que amosa que existen obrigas concretas dos Estados para prever esta violencia, para tratar as súas causas (a desigualdade histórica e a discriminación xeneralizada), así como para investigar, enxuizar e castigar os agresores.
A campaña do Secretario Xeral ÚNETE para pór fin á violencia contra as mulleres proclamou o 25 de cada mes Día Laranxa. Entre outras actividades, nese día invítase a levar algunha peza de roupa desa cor para resaltar o chamamento a erradicar a violencia contra a muller sen reservas, equívocos ou demoras. Dende 2015 ata 2030 a campaña ÚNETE estende ese Día Laranxa a 16 días de activismo contra a violencia baseada no xénero: dende o 25 de novembro en que se conmemora o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, ata o 10 de decembro, Día dos Dereitos Humanos.
A Revolución das Rosas A Revolución das Rosas, un movemento internacional contra a violencia obstétrica, asignou unha dedicación adicional ao día. As mulleres afectadas levan rosas aos hospitais para denunciar as súas prácticas violentas. A Revolución das Rosas conta co apoio do Comité Nacional Alemán de ONU Mulleres.UN Women Deutschland: Roses Revolution
Notas
Véxase tamén Outros artigos Declaración Universal dos Dereitos Humanos Declaración dos dereitos da muller e da cidadá Día Internacional da Muller Machismo Violencia de xénero
Ligazóns externas Sitio Oficial do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller Mensaxe do Secretario Xeral da ONU Kofi Annan (24/11/2000) Mensaje do Secretario Xeral da ONU Kofi Annan (25/11/2006) Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller Biblioteca Dag Hammarskjöld. Consultado o 22/11/2007. Día Nacional Para a Eliminación da Violencia Contra a Muller en Chile Romper o Silencio. Campaña europea contra a violencia doméstica. Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas. ISBN 92-828-8115-6 Recursos didácticos sobre a violencia contra a muller María José Díaz-Aguado
Categoría:República Dominicana Categoría:Días internacionais da Organización das Nacións Unidas Categoría:Violencia contra as mulleres Categoría:Novembro