Jorge Saavedra Miranda, nado na Coruña en 1992, é un modelo e empresario galego.
Traxectoria Fillo do escultor Enrique Saavedra López ("Chicheri") e da fotógrafa Paloma Miranda, deuse a coñecer no concurso de modelos de Área Central, que venceu en 2010, así como en concursos de beleza locais. En 2011 gañou o premio Coolpeople na Cibeles Week de Madrid desfilando para Knack Men. Modelou para a firma californiana Hollister Co., ao tempo que se iniciou profesionalmente na venda de roupa en distintos establecementos.
En 2014 lanzou unha cadea de restaurantes de comida xaponesa, con locais en Madrid e na Coruña.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Modelos masculinos de Galicia Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1992 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Empresarios de Galicia