Darío Díaz-Castroverde Díaz, finado en 1995, foi un político galego.
Traxectoria Concelleiro do Corgo dende 1969, foi nomeado alcalde en 1972. Nas primeiras eleccións democráticas encabezou a candidatura da UCD e foi elixido alcalde. Continuou como alcalde nas sucesivas eleccións, primeiro por Coalición Galega e logo por AP e PPdeG, sempre con maioría absoluta. En 1995 o seu partido decidiu excluílo como candidato, ante o cal se pasou á CNG, se ben faleceu un mes antes das eleccións, tendo que ser substituído na alcaldía e como candidato polo seu número 2 José Antonio Ferreiro González, o cal mantería o posto tralas eleccións ao logra-lo apoio do BNG.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais no Corgo
Ligazóns externas O Corgo, amplo horizonte de Xulio Xiz.
Categoría:Alcaldes do Corgo Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Alcaldes de Galicia pola UCD Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia