Edward Adam "Ed" Davis, nado o 5 de xuño de 1989 en Washington, D.C., é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga nos Xinjiang Flying Tigers da Chinese Basketball Association (CBA). Xogou para a Universidade de Carolina do Norte antes de converterse en xogador profesional.

Traxectoria deportiva Davis foi elixido na 13ª posición do Draft da NBA de 2010 polos Toronto Raptors. O 6 de xullo de 2010, asinou o seu contrato cos Raptors. Tras un mes en Toronto, Davis foi enviado á NBA D-League, aos Erie Bayhawks. O 29 de novembrode 2010, Davis foi chamado polos Raptors tras facer 10 puntos, 5 rebotes e 3 tapóns por partido, despois de que o ala-pivote dos Raptors Reggie Evans se mancara o pé esquerdo. O 1 de decembro de 2010, fixo o seu debut na NBA con 11 puntos, 6 rebotes e 2 tapóns.

O 30 de xaneiro de 2013, Davis foi traspasado ós Memphis Grizzlies xunto a Tayshaun Prince e Austin Daye dos Detroit Pistons, nun traspaso entre tres equipos que mandou ademais ó seu compañeiro José Calderón ós Pistons, e a Rudy Gay e Hamed Haddadi dos Grizzlies ós Raptors.

O 23 de xullo de 2014, Davis asinou cos Los Angeles Lakers.

O 9 de xullo de 2015, Davis asinou un contrato de tres anos cos Portland Trail Blazers.

O 23 de xullo de 2018, Davis asinou cos Brooklyn Nets.

O 20 de xullo de 2019, Davis asinou cos Utah Jazz.

O 23 de novembro de 2020, Davis foi traspasado ós New York Knicks, e o día seguinte foi traspasado de novo, desta vez ós Minnesota Timberwolves.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com

Categoría:Nados en 1989 Categoría:Nados en Washington, D.C. Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Toronto Raptors Categoría:Xogadores dos Toronto Raptors Categoría:Xogadores dos Memphis Grizzlies Categoría:Xogadores dos Los Angeles Lakers Categoría:Xogadores dos Portland Trail Blazers Categoría:Xogadores dos Brooklyn Nets Categoría:Xogadores dos Utah Jazz Categoría:Xogadores dos Minnesota Timberwolves Categoría:Xogadores dos Cleveland Cavaliers Categoría:Xogadores dos Mets de Guaynabo Categoría:Xogadores dos Xinjiang Flying Tigers