Jorge Dorribo Gude, nado en Lugo e finado en Barcelona o 16 de maio de 2019,Morre Jorge Dorribo, o empresario lucense condenado pola operación Campeón foi un empresario galego coñecido polos seus patrocinios de entidades deportivas e por un presunto caso de corrupción, a Operación Campión, onde se viron implicadas ademais del varias personalidades políticas.
Traxectoria Jorge Dorribo comezou a súa carreira empresarial cunha peletería na cidade de Lugo, importando pezas de roupa de Marrocos. Nesa época tamén traballou de carteiro e como dono dun pubUn crecimiento meteórico apoyado por los políticos y una caída de campeonato , La Voz de Galicia, 27/5/2010.. A partir do comercio de peles e na busca de solucións para o tratamento dos curtidos introduciuse no sector químico, e fundou o laboratorio Nutrición de Pieles, Nupel, que cos anos foi mudando o seu obxecto social para a cosmética e para a produción farmacéutica. Xa como empresa de menciñas progresou e conseguiu exportar produto ao estranxeiro. Primeiro, e grazas ao apoio do presidente da Deputación de Lugo, Francisco Cacharro Pardo, entrou no mercado cubano e logo no de Oriente Medio. Por volta de 2010 exportaba a 25 países, principalmente de África, Suramérica ou Oriente Medio. Nesa progresión xogarían algún papel as subvencións que neses anos recibiu da Xunta de Galicia, tanto co goberno do Emilio Pérez Touriño como do goberno de Alberto Núñez Feijóo.
A distribución de produtos acabou movendo o centro neurálxico da empresa de Lugo a Andorra. A súa expansión empresarial comprendía tamén a firma Proitec, unha xestoría. En 2010 o grupo empresarial tivera unha facturación de 109 millóns de eurosUna trama dedicada a captar subvenciones ilegales para las empresas gallegas, El Mundo, 25/5/2011..
Importante impacto social tivo a súa filantropía deportiva. As súas empresas patrocinaron o Club Voleibol Emeve de voleibol, o Nupel Global Racing de rallys, o Azkar Lugo de fútbol sala ou o Club Deportivo Lugo de fútbol. Tamén foi conselleiro do consello de administración do CB Breogán de baloncesto.
A operación Campión O 24 de maio de 2011 a policía detívoo por orde xudicial no marco do que se coñeceu como operación Campión, denominada así precisamente polos vencellos deportivos de DorriboJorge Dorribo, de emprendedor peletero a magnate de una farmacéutica, El Mundo, 25/5/2011.. A operación iniciárase meses antes coa detención do director do Igape, instituto de promoción económica dependente da Consellería de Economía e Industria, por suposta fraude fiscal na obtención de subvencións públicas. Segundo sospeitaba o xuíz, Dorribo aconsellara a narcotraficantes utilizar as subvencións públicas como vía para o branqueo de diñeiro e de crear unha trama de fraude ao redor da empresa Proitec. Durante a primeira fase da operación a xuíza ordenou a detención de 15 persoas.
O caso complicouse ao atacar a vía política. Primeiro foi o deputado popular Pablo Cobián, logo o tamén deputado e exconselleiro nacionalista Fernando Blanco e finalmente foi o ministro e vicepresidente socialista Xosé Blanco, os que foron acusados por Dorribo de participaren na trama. Cobián e Blanco dimitiron dos seus escanos no Hórreo.
A xuíza decidiu logo a liberdade condicional para Dorribo á espera de xuízo, ao tempo que lle interviña xudicialmente as empresas. Dorribo creou outra firma, Improsa Pharma, dedicada tamén ao sector farmacéutico e con sede en AlacantEl empresario lucense Jorge Dorribo renace en Alicante como Jorge Gude. La Voz de Galicia, 10/11/2011..
Notas
Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Empresarios farmacéuticos Categoría:Nados en Lugo Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Finados en 2019