Gabriel Alén Castro, nado en Ourense en 1977, é un mestre e político galego do PPdeG

Traxectoria Mestre especialista en Educación Física pola Universidade de Vigo en 2000. Foi concelleiro de Cultura en Cenlle. Nas eleccións municipais de 2011 encabezou a candidatura do PPdeG á alcaldía de Cenlle e foi elixido alcalde .

Compaxinou a súa actividade de mestre coa alcaldía ata que en marzo de 2020 presentou a súa renuncia á alcadía para ir nas listas do PP ás eleccións galegas de abril dese ano.

Logo de ocupar o seu posto como deputado do Parlamento de Galicia por uns meses, en setembro de 2020 foi elixido como Delegado Territorial da Xunta de Galicia na provincia de Ourense.

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Cenlle

Ligazóns externas Composición do Parlamento de Galicia

Categoría:Alcaldes de Cenlle Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1977 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Deputados da XI Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados da XII Lexislatura do Parlamento de Galicia