Dickinson é un cráter de impacto situado no nordés da rexión de Atalanta Planitia do planeta Venus, concretamente está nas coordenadas 74,6° N 177,2° E. Ten 67,5 km de diámetro e é un cráter complexo, onde o pico central en realidade é parcialmente un anel, este anel está rodeado dunha área de material brillante e ten outro anel concéntrico de material escuro rodeando este material brillante que rodea ó anel central do cráter. O material expulsado no impacto rodea o cráter cunha serie de cristas concéntricas, excepto na cara oeste. A ausencia deste material na cara oeste podería indicar que precisamente o impacto veu desa dirección. Os extensos terreos brillantes ó radar que se estenden dirección leste a partir das paredes do cráter poderían ser grandes volumes de material fundido expulsado polo impacto, ou poderían ser material volcánico liberado pola superficie durante o posterior proceso de craterización.
O cráter recibiu o nome da poeta americana Emily Dickinson.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Cráter de impacto Barton Buck
Categoría:Cráteres de impacto de Venus