Domestica é o terceiro álbum da banda estadounidense de indie rock Cursive, editado o 20 de xuño do 2000 a través do selo Saddle Creek. Trátase dun álbum conceptual que conta a historia dunha relación entre dúas personaxes chamadas "Sweetie" e "Pretty Baby". As dúas personaxes son mencionadas en varias das cancións do disco ("The Casualty," "The Martyr," "A Red So Deep" e "The Radiator Hums"), e no título de "The Lament of Pretty Baby". O derradeiro tema é ambiguo, e o seu vocalista Tim Kasher dixo en varias entrevistas que a parella protagonista permanecen xuntos, a pesar das súas diferenzas e pelexas.

Listaxe de cancións Todos os temas foron compostos por Cursive. "The Casualty" - 3:30 "The Martyr" - 3:57 "Shallow Means, Deep Ends" - 3:37 "Making Friends and Acquaintances" - 2:58 "A Red So Deep" - 4:40 "The Lament of Pretty Baby" - 3:15 "The Game of Who Needs Who the Worst" - 3:34 "The Radiator Hums" - 3:24 "The Night I Lost the Will to Fight" - 3:19

Categoría:Álbums de Cursive Categoría:Álbums musicais de 2000 Categoría:Álbums conceptuais Categoría:Álbums de Saddle Creek Records