Tiburón (en ) é un filme estadounidense de terror dirixido por Steven Spielberg que se estreou en 1975. Baséase na novela Jaws de Peter Benchley.
Sinopse Na costa dunha pequena localidade turística do leste dos Estados Unidos, un enorme tiburón ataca varias persoas. Temendo as fatais consecuencias que isto pode provocar no negocio turístico, o alcalde négase a pechar as praias e a difundir a nova. Pero un novo ataque do escualo, na propia praia, acaba coa vida doutro bañista. O terror fíxose público, así que un veterano cazador de quenllas, un científico e o xefe da policía local se unen para dar caza ó temible animal.
Personaxes Roy Scheider como Martin Brody Robert Shaw como Quint Richard Dreyfuss como Matt Hooper Lorraine Gary como Ellen Brody Murray Hamilton como Lawrence" Larry" Vaughan Carl Gottlieb como Harry Meadows Jeffrey Kramer como Leonard "Len" Hendricks Susan Backlinie como Christine "Chrissie" Watkins Jonathan Filley como Tom Cassidy Ted Grossman como Vítima do estuario Chris Rebello como Michael Brody Jay Mello como Sean Brody Lee Fierro como Mrs. Kintner Jeffrey Voorhees como Alexander "Alex" Kintner Craig Kingsbury como Benjamin "Ben" Gardener Dr. Robert Nevin como Examinador médico Peter Benchley como Entrevistador
Galardóns e nomeamentos 1975: 3 premios Oscar: Montaxe, Música, Son. Nomeado ó mellor filme. 1975: Globo de Ouro: Música. Nomeado a Drama, Director e Guión. 1975: Premio BAFTA: Música. 6 nomeamentos incluíndo Filme, Director e Actor.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Filmes de 1975 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Steven Spielberg Categoría:Filmes con banda sonora de John Williams Categoría:Filmes de Universal Pictures Categoría:Filmes rodados en Massachusetts Categoría:Filmes rodados en Australia Categoría:Filmes ambientados en 1974 Categoría:Filmes sobre tiburóns Categoría:Filmes de monstros Categoría:Filmes preservados no National Film Registry Categoría:Filmes de 1975 con versión en galego