Apache foi o nome dun modelo de foguete sonda estadounidense de propelente sólido desenvolvido a finais dos anos 1950 como versión mellorada do Cajun. Entre as melloras incluíanse o uso de poliuretano aluminizado como propelente e o uso dun recubrimento fenólico na tobeira de aceiro.

Aínda que podía ser usado en solitario, como foguete sonda dunha soa etapa, o habitual era que fose usado cunha etapa propulsora adicional, normalmente un Nike.

Variantes Asp Apache O Asp Apache consistiu nun foguete sonda cunha primeira etapa Asp e unha segunda etapa Apache, chegando a alcanzar 120 km de altura. Só se lanzou un modelo, o 15 de novembro de 1961.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Nike Apache Arcon (foguete) Asp (foguete) Cajun (foguete) Deacon (foguete) Nike (foguete)

Ligazóns externas Manual da NASA sobre rendemento do Nike-Apache

Categoría:Foguetes sonda