dereita|miniatura|O Rudolfinum, sala de concertos da Orquestra Filharmónica Checa. A Česká Filharmonie (en galego Orquestra Filharmónica Checa) é a principal e máis célebre orquestra da República Checa. Foi elixida como unha das mellores dez orquestras europeas nunha votación da revista francesa Le Monde de la Musique. A súa sede está no Rudolfinum de Praga.
Historia Os precedentes da orquestra hainos que buscar no século XIX, cando a orquestra da Ópera Nacional de Praga comezou a organizar concertos sinfónicos. O primeiro concerto da orquestra co seu actual nome tivo lugar o 4 de xaneiro de 1894, cando ofreceron obras de Antonín Dvořák dirixidas polo propio compositor. A partir de 1901 a Orquestra Filharmónica será totalmente independente da orquestra da ópera.
En 1908, Gustav Mahler dirixiu coa orquestra a estrea mundial da súa Sinfonía n.º 7.
Foi co director Václav Talich cando a orquestra acadou recoñecemento internacional pola súa calidade, que se mantivo con batutas posteriores tan prestixiosas como as de Václav Neumann, Karel Ančerl ou Rafael Kubelík. Á parte dos seus directores titulares, tamén foi dirixida por importantes directores convidados, como o especialista en música checa Charles Mackerras.
Gravacións discográficas En 1929 a Orquestra Filharmónica Checa realizou a súa primeira gravación. Foi coa gravación do ciclo de poemas sinfónicos Má vlast de Smetana. O director foi o titular da orquestra naquel momento, Václav Talich.
Directores titulares Eliahu Inbal (2009 - ) Zdeněk Mácal (2003–2007) Vladimir Ashkenazy (1996–2003) Gerd Albrecht (1993–1996) Jiří Bělohlávek (1990–1992) Václav Neumann (1968–1989) Karel Ančerl (1950–1968) Rafael Kubelík (1942–1948) Václav Talich (1933–1941) Václav Talich (1919–1931) Vilém Zemánek (1903–1918) Ludvík Čelanský (1901–1903)
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Sitio web oficial da Česká Filharmonie Arquivo František Sláma
Categoría:Orquestras da República Checa