José Muíño Domínguez, nado en 1969 en Nantón (Cabana de Bergantiños), é un político galego do PPdeG.
Traxectoria Veterinario de profesión. Nas eleccións municipais de 2003 encabezou a candidatura do PPdeG á alcaldía de Cabana de Bergantiños e foi elixido alcalde con maioría absoluta ó lograr 7 concelleiros. Revalidou a alcaldía en 2007 e 2011 ampliando a maioría absoluta a 8 e 9 concelleiros, respectivamente. No 2015, tralo conflito da mina de Corcoesto no cal se situou a favor da mina a pesar da oposición de numerosos veciños, revalidou de novo a alcaldía con maioría absoluta, se ben sufriu desgaste e baixou a 7 concelleiros. No 2019 e 2023 revalidaría de novo a alcaldía con maioría absoluta conseguindo 8 e 7 edís, respectivamente.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Cabana de Bergantiños
Ligazóns externas Entrevista en La Voz de Galicia
Categoría:Alcaldes de Cabana de Bergantiños Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Cabana de Bergantiños Categoría:Nados en 1969 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes