Os azucres ácidos son monosacáridos que levan un grupo carboxilo (COOH), que se orixina pola oxidación dalgún dos grupos orixinais OH ou aldehido . Segundo en que parte da molécula se produza esta oxidación distinguimos varios tipos de azucres ácidos. miniatura|dereita|Ácido glicónico, un ácido aldónico. miniatura|dereita|Ácido neuramínico, un ácido ulosónico. miniatura|dereita|Forma β-D do ácido glicurónico, un ácido urónico. miniatura|dereita|Ácido tartárico, un ácido aldárico.
Tipos e exemplos As principais clases de azucres ácidos son: Ácidos aldónicos, nos cales o grupo aldehido dunha aldosa foi oxidado formando un grupo carboxilo Victor Gold, IUPAC Gold Book Aldonic acids. Son exemplos de ácidos aldónicos os seguintes: Ácido glicérico (3C) Ácido xilónico (5C) Ácido glicónico (6C) Ácido ascórbico (6C, lactona insaturada) Ácidos ulosónicos (ou cetoaldónicos), nos cales o primeiro grupo hidroxilo dunha 2-cetosa foi oxidado orixinando un alfa-cetoácido Victor Gold, IUPAC Gold Book, Ketoaldonic acids. Son exemplos: Ácido neuramínico (ácido 5-amino-3,5-didesoxi-D-glicero-D-galacto-non-2-ulosónico). A forma acetilada é o ácido N-acetilneuramínico, que é un compoñente das membranas celulares. Ácido cetodesoxioctulosónico (KDO ou ácido 3-desoxi-D-mano-oct-2-ulosónico) Ácidos urónicos, nos cales o hidroxilo terminal dunha aldosa ou cetosa foi oxidado Victor Gold, IUPAC Gold Book, Uronic acids. Exemplos: Ácido glicurónico (6C) Ácido galacturónico (6C) Ácido idurónico (6C) Ácidos aldáricos, nos cales ambos os extremos dunha aldosa están oxidados Victor Gold, IUPAC Gold Book, Aldaric acids. Exemplos: Ácido tartárico (4C) Ácido galactárico (ácido múcico) (6C) Ácido D-glicárico (ácido sacárico) (6C)
Outros azucres ácidos son o ácido murámico e o ácido N-acetilmurámico, nos que o grupo COOH non está unido directamente a un carbono do anel do azucre.
Nas imaxes seguintes, as formas lineais dos catro tipos de azucres ácidos mencionados.
Notas
Ligazóns externas MeshName - Sugar+Acids
Categoría:Carbohidratos Categoría:Monosacáridos Categoría:Azucres ácidos