Predator é un filme estadounidense dirixido por John McTiernan que se estreou en 1987. Está protagonizado por Arnold Schwarzenegger.

Tivo dúas secuelas, Predator 2 (1990) e Predators (2010), así como dous filmes xunto á franquía de Alien, Alien vs. Predator (2004) e Aliens vs. Predator: Requiem (2007).

Sinopse Un comando de mercenarios é contratado pola CIA para rescatar uns pilotos apresados pola guerrilla na selva centroamericana de Guatemala. A misión é un éxito, pero durante a viaxe de regreso decátanse de que algo invisible está dándolles caza un a un. Ese algo resulta ser un cazador alieníxena que queda coas caveiras das súas vítimas como trofeos.

Personaxes Arnold Schwarzenegger como Alan "Dutch" Schaefer Carl Weathers como George Dillon Elpidia Carrillo como Anna Bill Duke como Mac Eliot Jesse Ventura como Blain Cooper Sonny Landham como Billy Sole Richard Chaves como Jorge "Poncho" Ramirez Shane Black como Rick Hawkins R. G. Armstrong como Xeneral Homer Phillips Kevin Peter Hall como Predator Sven-Ole Thorsen como Militar ruso

Galardóns e nomeamentos 1987: Nomeada ó Oscar: Mellores efectos visuais.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity

Categoría:Filmes de 1987 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por John McTiernan Categoría:Filmes de Predator Categoría:Filmes de acción e ciencia ficción dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de 20th Century Fox Categoría:Filmes rodados en México Categoría:Filmes de monstros Categoría:Filmes ambientados en 1987