Paul David Hewson, máis coñecido como Bono, nado o 10 de maio de 1960, é un músico irlandés, vocalista e líder da banda de rock U2 e activista político, especialmente comprometido coa causa humanitaria en África e a favor da cancelación da débeda externa dos países do terceiro mundo, labor recoñecido entre outros polos seus nomeamentos consecutivos ao Premio Nobel da Paz no 2005 e 2006. Bono naceu e creceu en Dublín (Irlanda) onde coñeceu a súa futura esposa, Ali Hewson, e os futuros membros de U2.[Michka Assayas. Bono on Bono: Conversations with Michka Assayas. Hodder & Stoughton (Londres 2005) ISBN 0-340-83276-2] Bono escribe tódalas letras da banda, moitas veces empregando temas sociais, relixiosos e políticos.Stockman (2005) Durante os seus primeiros anos as letras de Bono contribuíron ao ton espiritual e rebeldía de U2. Como a banda madureceu, as súas letras tornáronse máis inspiradas por experiencias persoais compartidas cos membros da banda.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Sitio web oficial da banda ONE Capaign EDUN Allmovie IMDb Obras de Bono
Categoría:Membros de U2 Categoría:Nados en Dublín Categoría:Nados en 1960 Categoría:Cabaleiros da Lexión de Honra Categoría:Gañadores do Premio Ivor Novello Categoría:Activistas contra a pobreza