miniatura|250px|Michael Schumacher é o piloto de Fórmula 1 con máis voltas rápidas: ten un total de 77.
En automobilismo e motociclismo, coñécese como volta rápida á volta máis rápida lograda por un piloto durante unha carreira. Nalgunhas competicións, como as A1 Grand Prix e as GP2 Series, prémiase con puntos aos pilotos ou equipos que a logren.
En Fórmula 1 dábase un punto ao piloto que a lograse ata a tempada . Desde , o piloto que máis voltas rápidas marque durante a tempada é premiado co Trofeo DHL Volta rápida. Michael Schumacher posúe a marca de voltas rápidas dadas na categoría, cun total de 77.
En MotoGP non se dan puntos pola volta rápida. Giacomo Agostini ten a marca actual da categoría, con 117 voltas rápidas. Valentino Rossi, quen aínda participa na categoría, ocupa o segundo lugar con 92 voltas rápidas.
Pilotos de Fórmula 1 con máis voltas rápidas
Os pilotos en letra grosa compiten actualmente na categoría. Clasificación actualizada a setembro do Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2024.
Piloto Voltas rápidas1 Michael Schumacher772 Lewis Hamilton673 Kimi Räikkönen464 Alain Prost415 Sebastian Vettel 386 Max Verstappen327 Nigel Mansell308 Jim Clark289 Fernando Alonso2610 Mika Häkkinen25 Fonte:
Pilotos de MotoGP con máis voltas rápidas Pos. Piloto Voltas rápidas1 Giacomo Agostini1172 Valentino Rossi963 Ángel Nieto814 Mike Hailwood795 Marc Márquez756 Dani Pedrosa647 Michael Doohan468 Max Biaggi429Jorge Lorenzo3710 Phil Read3611 John Surtees34 Carlo Ubbiali34
Os pilotos en letra grosa compiten actualmente na categoría.
Categoría:Termos de Fórmula 1