José Ulla Rocha, nado en San Vicente de Pena (Begonte) en 1970, é un político galego do PPdeG.

Traxectoria É veterinario de profesión. Reside en Saavedra. Concelleiro do PPdeG en Begonte dende 1999, foi membro do equipo de goberno e portavoz dos populares na oposición (2007-2011). Nas eleccións municipais de 2011 encabezou a candidatura do PPdeG na que se integrou o anterior alcalde José Antonio Vázquez García, sendo elixido alcalde de Begonte por maioría absoluta.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Begonte

Ligazóns externas Entrevista en El Progreso

Categoría:Alcaldes de Begonte Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Begonte Categoría:Nados en 1970 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes