Tavares Montgomery (Monty) Williams, Jr., nado o 8 de outubro de 1971 en Fredericksburg, Virxinia, é un ex xogador americano de baloncesto profesional e actual adestrador dos Phoenix Suns da National Basketball Association (NBA).

Traxectoria deportiva Xogador Williams foi seleccionado na 24ª posición do Draft da NBA de 1994 polos New York Knicks. Xogou 9 tempadas na NBA, para os Knicks, San Antonio Spurs, Denver Nuggets, Orlando Magic e Philadelphia 76ers.

Na súa carreira na NBA, Williams xogou 456 partidos, e conseguiu un total de 2.884 puntos. O 8 de abril de 1997, conseguiu a mellor anotación da súa carreira, ao anotar 30 puntos contra os Denver Nuggets, sendo xogador dos Spurs.

Adestrador En 2005, Williams foi contratado coma asistente polo novo adestrador dos Portland Trail Blazers, Nate McMillan.Trail Blazers Name Monty Williams Assistant Coach, 1 de agosto de 2005 O 7 de xuño de 2010, os New Orleans Hornets ofrecéronlle un contrato por tres anos para ser o seu adestrador.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com

Categoría:Nados en 1971 Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Adestradores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Alas de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos New York Knicks Categoría:Xogadores dos New York Knicks Categoría:Xogadores dos San Antonio Spurs Categoría:Xogadores dos Denver Nuggets Categoría:Xogadores dos Orlando Magic Categoría:Xogadores dos Philadelphia 76ers Categoría:Adestradores da NBA Categoría:Adestradores asistentes dos Portland Trail Blazers Categoría:Adestradores dos New Orleans Hornets Categoría:Adestradores dos New Orleans Pelicans Categoría:Adestradores asistentes dos Philadelphia 76ers Categoría:Adestradores dos Phoenix Suns Categoría:Nados en Virxinia