A Selección de fútbol de Polonia (en polaco: Reprezentacja Polski w piłce nożnej) é o equipo que representa en competicións internacionais de fútbol á Polonia. A súa organización está a cargo da Asociación Polaca de Fútbol (Polski Związek Piłki Nożnej, PZPN), pertencente á UEFA. A selección é alcumada habitualmente Biało-czerwoni (albivermellos), Orły (aguias) ou Białe Orły (aguias brancas).

A selección polaca de fútbol tivo unha época dourada entre as décadas de 1970 e 1980, cando alcanzou o terceiro posto no Mundial de Alemaña 1974 e de España 1982, e unha respectable quinta posición en Arxentina 1978. Tamén obtivo medallas nas súas participacións olímpicas: o ouro en Múnic 1972 e a prata en Montreal 1976 e Barcelona 1992. En canto á Eurocopa, até o momento tan só logrou clasificarse para unha fase final, a de 2008, onde non pasou da primeira rolda. Na edición de 2012 participou como co-organizador xunto a , aínda que de novo sen pasar da primeira rolda.

Véxase tamén

Ligazóns externas pzpn.pl 90minut.pl

Categoría:Fútbol en Polonia