O distrito de Kiboga é un distrito da Rexión Central de Uganda. Como moitos outros distritos de Uganda, o seu nome provén da súa capital, Kiboga. Creouse no ano 1991, aínda que no 2010 a parte oeste do distrito formou un novo, o distrito de Kyankwanzi. É un distrito predominantemente rural no que a súa poboación se estimaba no censo de 2002 de 108.900 persoas
Limita co distrito de Nakaseke polo nordeste e leste, co distrito de Mityana polo sur, co distrito de Mubende polo sueste e co distrito de Kyankwanzi polo noroeste.
O distrito subdivídese nas seguintes unidades administrativas:
Kiboga Kibiga Lwamata Bukomero Muwanga Kapeke Dwaniro
Véxase tamén Ligazón externa Información sobre o Distrito Kiboga
Kiboga