José Luis García LópezNome de José Luis na páxina do concello de Arzúa é un político galego.
Traxectoria Foi concelleiro de Cultura en Arzúa polo BNG entre 2007 e 2011. Nas eleccións municipais de 2011 encabezou a candidatura do Bloque Nacionalista Galego á alcaldía de Arzúa logo da inhabilitación do anterior alcalde e candidato Xaquín García Couso. Foi elixido alcalde como candidato da lista máis votada.
Nas eleccións de maio de 2015 presentou unha candidatura independente co nome Alternativa por Arzúa, que gañou a maioría absoluta. Nas eleccións de 2019 acadou de novo a alcaldía, desta volta con maioría simple, formando goberno coa concelleira do PSdeGEl PSdeG se abstiene en la investidura de José Luis García en Arzúa, pero negocia pactar. Nas municipais de 2023 perdeu a alcaldía ao pasar de 6 a 3 concelleiros, por detrás do PPdeG e do BNG, ante o cal apoiou a investidura do nacionalista Xoán Xesús Carril como alcalde.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Arzúa
Ligazóns externas Artigo en El Correo Gallego
Categoría:Alcaldes de Arzúa Categoría:Alcaldes de Galicia polo BNG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes