Jason Paul Collins, nado o 2 de decembro de 1978 no barrio de Northridge nos Ánxeles (California) e finado na mesma cidade o 12 de maio de 2026, foi un xogador americano de baloncesto profesional que tamén actuou de axente libre.

Traxectoria profesional Collins foi elixido na 18ª posición do Draft da NBA de 2001 polos Atlanta Hawks. Na súa tempada coma rookie, tivo un papel importante na primeira clasificación da historia dos Nets para as Finais da NBA, en 2002 contra Los Angeles Lakers.

O 4 de febreiro de 2008, Collins foi traspasado aos Memphis Grizzlies a cambio de Stromile Swift.Grizzlies acquire center Jason Collins from Nets Pouco máis tarde nese mesmo ano, o 26 de xuño, foi traspasado aos Minnesota Timberwolves nun traspaso que incluíu a oito xogadores, entre eles Kevin Love e O. J. Mayo.Bulls go for Rose over Beasley in NBA draft; Mayo, Love swap places

Tras rematar o seu contrato ao remate da tempada 2008-09, os Timberwolves decidiron non renovalo, e asinou un contrato cos Atlanta Hawks o 2 de setembro de 2009.Hawks sign C Jason Collins. 2 de setembro de 2009. Renovou cos Hawks na postempada de 2010.ATLANTA HAWKS RE-SIGN JASON COLLINS

O 31 de xullo de 2012, Collins asinou un acordo cos Boston Celtics.Celtics Sign Jason Collins. NBA. Consultado o 31 de xullo de 2012.

O 21 de febreiro de 2013, Collins foi traspasado ós Washington Wizards xunto a Leandro Barbosa a cambio de Jordan Crawford.

O 23 de febreiro de 2014, asinou un contrato de dez días cos Brooklyn Nets.

Vida persoal Collins declarou na revista Sports Illustrated ser homosexual o 29 de abril de 2013.Pereda, Cristina F.: «El veterano Collins, primer jugador de la NBA que revela su homosexualidad», El País, 29 de abril de 2013 Foi o primeiro xogador da NBA en activo en 'saír do armario'.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en basketballreference.com

Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Pivotes de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Houston Rockets Categoría:Xogadores dos New Jersey Nets Categoría:Xogadores dos Memphis Grizzlies Categoría:Xogadores dos Minnesota Timberwolves Categoría:Xogadores dos Atlanta Hawks Categoría:Xogadores dos Boston Celtics Categoría:Xogadores dos Washington Wizards Categoría:Xogadores dos Brooklyn Nets Categoría:Nados nos Ánxeles Categoría:Nados en 1978 Categoría:Finados en 2026