miniatura|300px|Norman Foster Ramsey (esquerda) xunto con Francis Perrin e Robert R. Wilson nunha foto de 1970. Norman Foster Ramsey, Jr., nado o 27 de agosto de 1915 en Washington, D.C. e finado o 4 de novembro de 2011, foi un físico e profesor estadounidense. Traxectoria Profesor de física na Universidade Harvard desde 1947, Ramsey tamén ocupou postos tanto no goberno como en axencias internacionais tales como a OTAN ou a United States Atomic Energy Commission. Recibiu en 1989 o Premio Nobel de Física pola invención do método dos campos oscilatorios separados, o cal ten importantes aplicacións na construción do reloxo atómico. Ramsey compartiu o premio con Hans G. Dehmelt e Wolfgang Paul.Autobiografía na web oficial da Fundación Nobel Consultado o 15 de decembro de 2011.
Ramsey obtivo o seu B.A. e Ph.D. en física pola Universidade de Columbia en 1935 e 1940, respectivamente. Alí quedou como membro da facultade de Columbia até 1947, cando foi enviado a Harvard.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Laureados co Premio Nobel de Física de 1989
Categoría:Premio Nobel de Física Categoría:Físicos dos Estados Unidos de América Categoría:National Medal of Science Categoría:Nados en 1915 Categoría:Nados en Washington, D.C. Categoría:Finados en 2011 Categoría:Personalidades do Proxecto Manhattan Categoría:Premios Nobel dos Estados Unidos de América