Robert Betts Laughlin, nado o 1 de novembro de 1950, é un físico teórico estadounidense quen, canda Horst L. Störmer e Daniel C. Tsui, obtivo en 1998 o Premio Nobel de Física pola súa explicación do efecto Hall cuántico.
Traxectoria Laughlin naceu en Visalia, California. Obtivo o seu B.A. en física na UC Berkeley en 1972, e o seu PhD en física en 1979 no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts, Cambridge, Massachusetts, EUA. Foi profesor de física da Universidade Stanford de 1989 a 2004. Agora é presidente de KAIST en Daejeon, Corea do Sur.
A mensaxe central do seu libro A Different Universe (Un universo diferente) é que a verdadeira fronteira da ciencia está, non no pequeno, senón no complexo. Cando se agregan moitos átomos para formar un sólido ou un tecido biolóxico, xorden novos principios organizativos que non poden derivarse rigorosamente a partir de leis microscópicas e que carecen de significado en sistemas de poucas partículas.
Laughlin insiste en que a investigación deses conceptos emerxentes que operan na organización complexa da materia é tan “fundamental” como a investigación sobre as forzas elementais. Se se atende á ciencia no seu conxunto, a idea de emerxencia, segundo a cal o todo é algo máis que as súas partes, é moito máis relevante que a de redución, pois case toda actividade científica, incluída a física, e toda a tecnoloxía, ocúpase de nocións emerxentes. Estas van desde a temperatura dun líquido até a resistencia dun edificio pasando pola morfoloxía dunha flor. No “universo diferente” que propón Laughlin, a ciencia reconcíliase co sentido común porque toda percepción da realidade baséase en conceptos e leis emerxentes.
Obras (Trad. esp.: Un universo diferente. La reinvención de la física en la Edad de la Emergencia, Bos Aires/Madrid, Katz editores, 2007, ISBN 978-84-935432-9-7). (Trad. esp.: Crímenes de la razón. El fin de la mentalidad científica, Bos Aires/Madrid, Katz editores, 2010, ISBN 978-84-96859-68-5). (Trad. esp.: Mente y materia. ¿Qué es la vida? Sobre la vigencia de Erwin Schrödinger (con Michael R. Hendrickson; Robert Pogue Harrison e Hans Ulrich Gumbrecht), Bos Aires/Madrid, Katz editores, 2010, ISBN 978-84-92946-12-9.)
Categoría:Premio Nobel de Física Categoría:Físicos dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1950 Categoría:Nados no condado de Tulare, California Categoría:Premios Nobel dos Estados Unidos de América Categoría:Alumnos do Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts