Mempo Giardinelli, nado en Resistencia (Chaco) en 1947, é un escritor e xornalista arxentino.
Traxectoria É autor de novelas, libros de contos e ensaios. Escribe regularmente en diarios e revistas da Arxentina e outros países. É membro do consello asesor da Comisión Provincial da Memoria, da Provincia de Buenos Aires, e entre 2005 e 2007 foi membro do consello de administración da Fundación Poder Ciudadano, capítulo arxentino de Transparency International.
Durante o Proceso de Reorganización Nacional (1976-1983) estivo exiliado en México, regresando trala restauración da democracia. En 1986 fundou a revista literaria Puro Cuento, que dirixiu até 1992.
Levou a cabo cursos, seminarios e obradoiros, e deu lecturas en universidades e academias de América e Europa. Foi membro do xurado en diversos premios literarios internacionais e participou como invitado nas Feiras Internacionais do Libro de Buenos Aires, Frankfurt, Guadalajara (México), Bogotá, Caracas, La Habana, Madrid, Milán, Montevideo, Porto Alegre, Quito e Santiago de Chile. A súa obra foi traducida a vinte idiomas, e recibiu diversos galardóns literarios.
En 1996 doou a súa biblioteca persoal de 10.000 volumes para a creación na súa cidade natal da fundación do seu nome, dedicada ao fomento da lectura e a docencia e investigación en pedagoxía da lectura, e creou e sostén diversos programas culturais, educativos e solidarios.
Obra Novelas La revolución en bicicleta (1980) El cielo con las manos (1981) ¿Por qué prohibieron el circo? México D.F.: Oasis, 1983. Luna caliente (1983) Qué solos se quedan los muertos (1985) Santo Oficio de la Memoria (1991) Imposible equilibrio (1995) El décimo infierno (1999) Final de novela en Patagonia (2000) Cuestiones interiores (2003) Visitas después de hora (2001)
Ensaio El Género Negro. Ensaio sobre a novela policial (Univ.Autónoma Metropolitana, México, DF, 1984 e 1998; Ediciones Op Oloop, Córdoba. Arg. 1999) "Así se escribe un cuento. Ensaios e entrevistas (Beas 1992, Patria México, 1998 y Punto de Lectura, 2001) El país de las maravillas. Los argentinos en el Fin del Milenio (Planeta, Buenos Aires, 1998) Diatriba por la Patria. Apuntes sobre la disolución de la Argentina (Ediciones B, Buenos Aires, 2002) México: el exilio que hemos vivido. Memoria del exilio argentino en México durante la dictadura 1976-1983. En colaboración con Jorge Luis Bernetti (Universidade Nacional de Quilmes, 2003) Los argentinos y sus intelectuales. (Capital Intelectual, Buenos Aires, 2004) Volver a leer. Propuestas para ser un país de lectores (Edhasa, Buenos Aires, 2006)
Conto Vidas ejemplares (1982)Cuentos-Antología Personal (1987)Carlitos Dancing Bar (1992)El castigo de Dios (1993)Cuentos Completos (1999)Gente rara (2005)Estación Coghlan y otros cuentos (2005)Luminoso amarillo y otros cuentos (2005)Soñario (2008)9 Historias de amor (2009)
Contos infantís Celeste y el girasol (2009) Celeste y la dinosauria en el jardín (2007) El Cheruvichá (2007) Cuentos con mi papá (2004) Luli, una gatita de ciudad (2000) Luli la viajera (1988)
Poesía Invasión (1973). Concierto de poesía a dos voces'' (2004, en colaboración con Fernando Operé).
Véxase tamén Ligazóns externas Web oficial .
Categoría:Escritores da Arxentina Categoría:Escritores en lingua castelá