Le nozze di Figaro é unha opera buffa en catro actos con música de Wolfgang Amadeus Mozart e libreto en italiano de Lorenzo da Ponte, baseado na obra de Pierre-Augustin de Beaumarchais, As vodas de Fígaro. Foi composta entre 1785 e 1786 e estreada en Viena o 1 de maio de 1786 baixo a batuta do propio compositor.

Escrita en italiano, é considerada como unha das mellores creacións de Mozart e como unha das óperas máis importantes da historia da música. A pesar de recibir moitas críticas na súa época, logrou grandes éxitos nas súas representacións. Le nozze di Figaro é unha das óperas máis destacadas do repertorio operístico estándar e aparece como a número 5 na lista de Operabase das óperas máis representadas en todo o mundo para o período 2005-2010.Statistics, 2005-10

A trama ten lugar en Sevilla, España.

Personaxes Personaxe Tesitura Elenco o 1 de maio de 1786Director: Wolfgang Amadeus MozartConde de Almaviva (aristócrata sevillano)barítono líricoStefano MandiniCondesa Rosinna de Almaviva (dona do Conde)sopranoLuisa LaschiSusanna (doncella da Condesa e prometida de Fígaro)soprano lixeiraAnn StoraceFígaro (criado do Conde)baixo barítonoFrancesco Benucci (1)Cherubino (paxe do Conde)mezzosopranoDorotea Bussani (3)Marcellina (criada da Condesa)mezzosopranoMaria Mandini (4)Don Bartolo (médico)baixo bufoFrancesco Bussani (2)Don Basilio (profesor de música)tenor lixeiroMichael KellyDon Curzio (notario)tenorMichael KellyAntonio (xardineiro)baixoFrancesco BussaniBarbarina (filla de Antonio)sopranoAnna Gottlieb (5)Cidadáns, vendedores, servintes etc.

(1) Francesco Benucci (1745-1824) foi o creador, dous anos máis tarde en Viena, do personaxe de Leporello (Don Giovanni, Mozart). (2) Francesco Bussani, responsable da posta en escena. (3) Dorotea Bussani, dona de Francesco Bussani (Don Bartolo) (4) Maria Mandini, dona de Stefano Mandini (Almaviva). (5) Anna Gottlieb, que daquela contaba con doce anos de idade.

Instrumentación A partitura de Mozart require da utilización de:

Instrumentación de Le nozze di Figaro |- | bgcolor="#FFECB2"|Madeiras 2 frautas, 2 óboes, 2 clarinetes e 2 fagots.Metais |- | | 2 trompas, 2 trompetas. |- | bgcolor="#FFECB2"|Percusión 2 Timbais.'''Cordas violíns primeiros, violíns segundos, violas, violonchelos e contrabaixos clavicémbalo

Notas

Véxase tamén

Categoría:Óperas de W.A. Mozart Categoría:Óperas en italiano Categoría:Óperas de 1786 Categoría:Óperas estreadas en Viena