Così fan tutte, ossia La scuola degli amanti (en galego Así fan todas, ou A escola dos amantes) é a antepenúltima ópera de Wolfgang Amadeus Mozart. Trátase dunha ópera en dous actos con libreto en italiano de Lorenzo da Ponte. Foi estreada no Burgtheater de Viena o 26 de xaneiro de 1790 baixo a batuta do propio compositor. Così Fan Tutte é a terceira e última ópera de Mozart con libreto de da Ponte (as outras dúas colaboracións foran Le nozze di Figaro e Don Giovanni). A composición de ópera foi suxerida polo emperador austríaco Xosé II de Habsburgo, mais recentes investigacións non apoian esta idea.Brown, Bruce Allen. W.A. Mozart: Così fan tutte, Cambridge: Cambridge University Press. 1995. p. 10 O libreto foi orixinalmente destinado a Antonio Salieri, compositor contemporáneo de Mozart, mais o compositor italiano só escribiu algunhas partes do 1º acto e, de seguida, desistiu no traballo. En 1994, John Rice descubriu dous terzetti de Salieri na Biblioteca Nacional de Austria.Collins, Michael, Notes, Second Series, Vol. 53, No. 4 (Junio de 1997), pp. 1142–1144. Music Library Association.

Título A tradución literal do título é "Así fan todas (as mulleres)", e menos literalmente: "o mesmo fan todas" ou "As mulleres son así". Estas palabras son cantadas polos tres homes cando falan do voluble amor feminino, no segundo acto, cadro III, xusto antes do finale. Da Ponte empregara o verso "Così fan tutte le belle" antes en Le nozze di Figaro (no acto I, escena 7). Algúns viron no título e o argumento da ópera un deixe de misoxinia por parte de Mozart e da Ponte.

Personaxes PersonaxeTesituraElenco na estrea o 26 de xaneiro de 1790(Director: Wolfgang Amadeus Mozart) Fiordiligi, dama de Ferrara e irmá de Dorabella, vivindo en NápolessopranoAdriana Ferrarese Dorabella, dama de Ferrara e irmá de Fiordiligi, vivindo en NápolesmezzosopranoLouise (Luisa) VilleneuveGuglielmo, namorado de Fiordiligi, un soldadoO barítono Francesco Benucci fora anteriormente Figaro e Leporello.barítonoFrancesco Benucci Ferrando, namorado de Dorabella, un soldadotenorVincenzo Calvesi Despina, unha doncellasopranoDorotea Bussani Don Alfonso, un vello filósofobaixoFrancesco BussaniCoro: soldados, sirvintes, mariñeiros

Na época de Mozart, a definición das voces era máis xeral: Fiordiligi (soprano), Dorabella (soprano), Guglielmo (baixo), Ferrando (tenor), Despina (soprano), Don Alfonso (baixo).Como poñen de manifesto as edicións críticas de Bärenreiter da ópera e os correspondentes artigos en The New Grove Dictionary of Opera

Ocasionalmente as categorías de voces sinaladas aquí varían na práctica das representacións. Don Alfonso é interpretado con frecuencia por barítonos como Thomas Allen e Bo Skovhus, e Despina é decotío interpretada por unha mezzosoprano, como Cecilia Bartoli, Frederica von Stade ou Agnes Baltsa. A música de Guglielmo queda máis abaixo que a de Alfonso, e de conformidade con iso ten sido representado por baixos como James Morris ou Wladimiro Ganzarolli, e Dorabella é ocasionalmente (aínda que con moita menos frecuencia que as outras dúas circunstancias aquí citadas) interpretada por unha soprano. Ferrando e Fiordiligi, porén, só poden ser cantados por un tenor e unha soprano debido á exixente tesitura alta das súas voces.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Óperas de W.A. Mozart Categoría:Óperas en italiano Categoría:Óperas de 1790