Spider-Man é un filme estadounidense de superheroes dirixido por Sam Raimi que se estreou no 2002. Baséase na serie de banda deseñada Spider-Man, cuxo personaxe principal é interpretado por Tobey Maguire. As aventuras do home araña, baseadas no famoso cómic de Stan Lee e Steve Ditko, arrasou nos portelos estadounidenses e pulverizou os récords de recadación na súa primeira fin de semana: 114 millóns de dólares, a primeira vez na historia que se conseguiu pasar da barreira dos 100 millóns nun fin de semana normal.
Sinopse Peter Parker é un rapaz tímido e bo estudante que vive coa súa tía May e o seu tío Ben dende a morte dos seus pais, sendo el moi pequeno. Peter está namorado da súa guapa veciña, pero o seu escaso carisma no lle fai ser precisamente moi popular no instituto. Un día é trabado por unha araña que fora modificada xeneticamente, descubrindo ó día seguinte que ten uns poderes pouco habituais: ten a forza e a axilidade dunha araña.
Personaxes Tobey Maguire como Peter Parker / Spider-Man Willem Dafoe como Norman Osborn / Green Goblin Kirsten Dunst como Mary Jane Watson James Franco como Harry Osborn Cliff Robertson como Tío Ben/Ben Parker Rosemary Harris como May Parker J. K. Simmons como J. Jonah Jameson Joe Manganiello como Eugene "Flash" Thompson Bill Nunn como Joseph "Robbie" Robertson Michael Papajohn como Burglar/The Carjacker Elizabeth Banks como Betty Brant
Galardóns e nomeamentos 2002: 2 nomeamentos ó Oscar: Mellor son e efectos visuais. 2002: Nomeada Premio BAFTA: Mellores efectos visuais.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity
Categoría:Filmes de 2002 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de acción e ciencia ficción dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Columbia Pictures Categoría:Filmes baseados en Marvel Comics Categoría:Filmes rodados nos Ánxeles Categoría:Filmes rodados en Nova York Categoría:Filmes ambientados en Nova York