Tristan und Isolde (en galego, Tristán e Iseu)Boullón Agrelo, Ana Isabel (coord.): Guía de nomes galegos A Coruña: Real Academia Galega. é unha ópera en tres actos con música e libreto en alemán de Richard Wagner, baseado en boa parte no romance de Gottfried von Strassburg. Foi composta entre 1857 e 1859 e estreada en München o 10 de xuño de 1865 baixo a batuta de Hans von Bülow. Wagner non a chamaba ópera senón Eine Handlung (drama musical). Forma parte do Canon de Bayreuth.Best, Wallace Denino (2005) Passionately Human, No Less Divine:Religion and Culture in Black Chicago 1915–1952, Princeton NJ, Princeton University Press, ISBN 0-691-11578-8.Carnegy, Patrick (2006) Wagner and the Art of the Theatre, New Haven, Yale University Press, ISBN 0-300-10695-5.

A composición de Wagner de Tristan und Isolde foi inspirada pola súa aventura con Mathilde Wesendonck e a filosofía de Arthur Schopenhauer. Recoñecida amplamente como un dos cumios do seu repertorio operístico, Tristan und Isolde destaca polo uso avanzado que fai Wagner do cromatismo, a tonalidade, a cor orquestral e a suspensión harmónica. O primeiro acorde da ópera, chamado o «acorde de Tristán», considérase de grande importancia no desenvolvemento da harmonía tonal tradicional.

A ópera foi moi influente entre os compositores occidentais e serviu de inspiración a compositores como Gustav Mahler, Richard Strauss, Karol Szymanowski, Alban Berg ou Arnold Schoenberg. Moitos ven Tristan und Isolde como o comezo da fin da harmonía convencional e a tonalidade, e consideran que establece a base do movemento atonal característico do século XX.Millington 1992, p. 301.

Historia Composición 300px|miniatura|esquerda|Facsímile do manuscrito de Tristan und Isolde que mostra os derradeiros compases da ópera. Wagner compuxo esta ópera durante o período que pasou en Suíza logo de que se vira obrigado a deixar o seu cargo na Ópera de Dresde en 1849, xa que se ordenara o seu arresto por ter participado na infrutuosa Revolución de Maio. O compositor deixou á súa muller Minna en Dresde, e fuxiu a Zürich. Na cidade suíza coñeceu en 1852 ao rico comerciante de seda Otto Wesendonck, quen se converteu no seu defensor e o financiou durante varios anos. A dona de Wesendonck, Mathilde, namorouse do compositor e ambos mantiveron unha relación.Keith Anderson, La Ópera de la A a la Z, NAXOS ISBN 1-84379-034-3 Aínda que Wagner estaba a traballar no seu épico Der Ring des Nibelungen, sentiuse intrigado pola lenda de Tristán e Iseu. Aínda que nun principio Wagner concibira este drama como unha obra de proporcións modestas, máis manexable para os escenarios europeos que "O Anel",O compositor mesmo chegou a considerar a posibilidade de representar Tristan und Isolde nunha versión en italiano na cidade brasileira de Río de Xaneiro, xa que lle dixeran que o emperador do Brasil era un grande admirador seu. a medida que a composición da obra ía progresando durante os anos 1857 e 1858 ían aumentando enormemente as súas proporcións, converténdose no máis difícil, atafegante, e mesmo para algúns o máis profundo de todos os seus dramas.León Plantinga, La Música Romántica (p. 390-315), Akal Música ISBN 84-460-0040-7

O redescubrimento da poesía xermánica medieval, incluíndo a versión de Gottfried von Strassburg de Tristán, o Nibelungenlied e o Parzival de Wolfram von Eschenbach, produciu un grande impacto nos movementos románticos en Alemaña a mediados do século XIX. A historia de Tristán e Iseu é a quintaesencia do romance da Idade Media e o Renacemento. Existen varias versións da historia, a primeira remóntase a mediados do século XII. A versión de Gottfried, parte da rama "cortesá" da lenda, tivo unha enorme influencia na literatura alemá posterior.Classen 2003. Wagner escribiu o libreto baseándose no romance de Gottfried von Strassburg, quen á súa vez se baseou na lenda medieval de Tristán, transmitida en francés por Thomas de Bretaña. Os compositores románticos atoparon nos romances medievais unha gran fonte de inspiración para os argumentos das súas óperas. Moitos críticos wagnerianos da época consideraron que esta ópera representaba o cénit da música occidental; por outra banda, un influente grupo de críticos, encabezados por Eduard Hanslick, cualificábana de incomprensible.

Segundo a súa autobiografía, Mein Leben, Wagner decidiu dramatizar a lenda de Tristán despois de que o intentara o seu amigo Karl Ritter, escribindo:

Este impacto, xunto co seu descubrimento da filosofía de Arthur Schopenhauer en outubro de 1854, levou a Wagner a encontrarse nun "estado de ánimo serio creado por Schopenhauer, que estaba tentando atopar unha expresión extática. Con tal ánimo me inspirou a concepción dunha Tristan und Isolde."Wagner 1911, vol. 2, p. 617. View2 en Google Books.

Wagner escribiu sobre as súas preocupacións con Schopenhauer e Tristan nunha carta a Franz Liszt o 16 de decembro de 1854:

200px|miniatura|dereita|Mathilde Wesendonck, daquela amante de Wagner. Moitos ven unha forte influencia da aventura que mantiveron ela e o compositor na ópera. A finais do ano 1854, Wagner bosquexara os tres actos da ópera sobre o tema de Tristan, baseándose na narración da historia feita por Gottfried von Strassburg. Mentres que os bosquexos máis temperáns existentes se remontan a decembro de 1856, non obstante, non foi ata agosto de 1857 cando Wagner comezou a dedicar a súa atención por completo á ópera, deixando a un lado a composición de Siegfried. O 20 de agosto comezou o esquema en prosa para a ópera, e o libreto (ou poema, como Wagner prefería chamalo) foi terminado o 18 de setembro.Millington 1992, p. 300. Nese momento Wagner trasladárase a unha pequena casa construída en terreos da vila de Wesendonck, onde, durante o seu traballo en Tristan und Isolde, se implicou apaixonadamente con Mathilde Wesendonck. Non se sabe se esta relación foi platónica ou non. Unha tarde de setembro dese ano, Wagner leu o poema terminado de "Tristan" a unha audiencia que incluía a súa dona, Minna, a súa musa no momento, Mathilde, e a súa futura amante (e posterior esposa), Cosima von Bülow.

En outubro de 1857, Wagner comezara o borrador da composición do primeiro acto. En novembro, non obstante, musicalizou cinco poemas de Mathilde no que hoxe se coñecen como os Wesendonck Lieder. Isto era algo infrecuente en Wagner, que case nunca puxo música a textos alleos, e que raramente se sentía inspirado por ningún tema que non fose dramático. Dúas destas cancións musicadas que máis tarde terían papeis importantes en Tristan und Isolde e que Wagner marcou como "Estudos para Tristán e Iseu" foron "Träume" e "Im Treibhaus". "Träume" emprega un motivo que forma o dúo de amor no Acto II de Tristan, mentres que "Im Treibhaus" introduce un tema que posteriormente se convertería no Preludio o Acto III de Tristan.Millington 1992, p. 318.

En abril de 1858 a esposa de Wagner, Minna, interceptou unha nota de Wagner a Mathilde, e, a pesar das protestas de Wagner de que ela lle estaba a dar unha "interpretación vulgar" á nota, ela acusou primeiro a Wagner e logo a Mathilde de infidelidade.Gutman 1990, pp. 180-182. Despois de pasalo bastante mal, Wagner convenceu a Minna, quen tiña unha enfermidade cardíaca, de que descansara nun balneario mentres Otto Wesendonck levou a Mathilde a Italia. Foi durante a ausencia das dúas mulleres cando Wagner empezou a composición en borrador do segundo acto de Tristan und Isolde. Non obstante, o regreso de Minna en xullo de 1858 non aclarou as cousas, e o 17 de agosto, Wagner viuse obrigado a abandonar tanto a Minna como a Mathilde e trasladarse a Venecia.

Wagner máis tarde describiría os seus últimos días en Zúric como "un auténtico inferno". Minna escribiu a Mathilde antes de marchar a Dresde:

Wagner rematou o segundo acto de Tristan und Isolde durante o seu exilio de oito meses en Venecia, onde viviu no Palazzo Giustinian. En marzo de 1859, temendo pola súa extradición a Saxonia, onde aínda estaba considerado un prófugo, Wagner trasladouse a Lucerna onde compuxo o último acto, que finalizou en agosto dese mesmo ano.

Representacións 300px|dereita|miniatura|Felix Mottl dirixiu a estrea de Tristan und Isolde en Bayreuth en 1886. Tristán e Iseu demostrou ser unha ópera difícil de representar. París, o centro do mundo operístico a mediados do século XIX, era unha elección obvia. Non obstante, logo dunha desastrosa representación de Tannhäuser na Ópera de París, Wagner ofreceu a obra á ópera de Karlsruhe en 1861. Cando visitou a Ópera da corte de Viena para facer probas con posibles cantantes para esta produción, os xerentes en Viena suxeriron representala aló. Inicialmente, o encargado de interpretar o papel de Tristán foi o tenor Alois Ander, mais posteriormente mostrouse incapaz de aprender o papel. A pesar dos 70 ensaios realizados entre 1862 e 1864, Tristan und Isolde non puido ser representada en Viena, gañándose a reputación de non ser representable.

Só se dispuxo de recursos suficientes para a montaxe da estrea de Tristan und Isolde cando Lois II de Baviera patrocinou a Wagner. Hans von Bülow foi o elixido para dirixir a produción na Königliches Hof-und Nationaltheater de München, a pesar do feito de que Wagner tiña unha aventura coa súa muller, Cosima von Bülow. Mesmo daquela, a estrea proxectada para o 15 de maio de 1865 tivo que ser posposta porque Iseu, Malvina Schnorr von Carolsfeld, quedara rouca. Finalmente a ópera foi estreada o 10 de xuño de 1865, e na súa primeira representación Ludwig Schnorr von Carolsfeld cantou o papel de Tristán e Malvina, a súa dona, o de Iseu. Na estrea estivo presente Anton Bruckner, compositor no que a obra tivo unha grande influencia.Amadeusonline.net .

O 21 de xullo de 1865, tras ter cantado o papel en só catro ocasións, Ludwig Schnorr von Carolsfeld morreu repentinamente, o que deu pulo á especulación de que o esgotamento que implicou cantar o papel de Tristán o matara. Malvina caeu nunha profunda depresión trala morte do seu home e non volveu cantar, aínda que viviu outros 38 anos. O estrés de representar Tristan und Isolde tamén "reclamou as vidas" dos directores Felix Mottl en 1911 e Joseph Keilberth en 1968. Ámbolos dous morreron despois de derrubarse mentres dirixían o segundo acto da ópera.

Algúns anos despois, os únicos intérpretes do papel foron outra parella de esposos, Heinrich e Therese Vogl.Grove's Dictionary of Music and Musicians, 5.ª edición, Vol. IX, p. 37

A seguinte produción da ópera tivo lugar en Weimar en 1874, e foi o propio Wagner quen supervisou outra produción de Tristan und Isolde, desta vez en Berlín, en marzo de 1876, mais a ópera só se ofreceu no seu propio teatro no Festival de Bayreuth, logo da morte de Wagner. Cosima Wagner, a súa viúva, supervisou a primeira produción de Bayreuth de Tristan und Isolde en 1886, produción que dirixiría Felix Mottl e que sería amplamente aclamada."Almanacco 25 luglio 1886" en AmadeusOnline . A primeira produción fóra de Alemaña se realizou no Theatre Royal Drury Lane en 1882, dirixida por Hans Richter, quen tamén dirixiu a primeira produción no Covent Garden dous anos máis tarde. A primeira representación nos Estados Unidos tivo lugar na Metropolitan Opera de Nova York en decembro de 1886 baixo a batuta de Anton Seidl.

Tristan und Isolde segue a ser unha das óperas máis populares, aparecendo nas estatísticas de Operabase de 2012-2013 no posto número 36 das óperas máis representadas, sendo a sexta en Alemaña e a cuarta ópera máis representada de Wagner por detrás de Der fliegende Holländer, Das Rheingold e Die Walküre.

Reaccións