Rubén Iván Ares Roel, nado en Cambre o 5 de marzo de 1985, máis coñecido como Iván Ares é un piloto de rally galego, que foi campión de España en 2017 e campión de Galicia en 2011 e 2014.
Ademais foi subcampión de España en tres ocasións (2015, 2018 e 2019) e tres veces campión galego de autocross (2004, 2005 e 2011).
Traxectoria
Inicios Pertence a unha familia con tradición no automobilismo galego. Seu pai, Santiago Ares, foi catro veces campión galego de autocross, seu irmán Santiago tamén competiu en dito campionato, ao igual que os seus curmáns Jorge Roel e Miguel Suárez, este último tamén piloto de rallys de asfalto.
Debutou como piloto de carcross no 2001, acadando o campionato galego da modalidade en 2004, 2005 e 2011 e foi subcampión de España en 2005 e 2006. Neses anos participou en dous eventos en Galicia e Asturias como copiloto e logo saltou ao rally como piloto gañando o Volante RACC Galicia Júnior no 2007.
Campionato galego (2006-2014) esquerda|miniatura|Iván Ares (dereita), xunto ao seu copiloto no Rally Botafumeiro de 2007 Debutou como piloto de rally no Rally Cidade de Narón no 2006 a bordo dun Fiat Punto HGT e con José Ramón Seoane como copiloto, con resultado de abandono. Despois participou no Rally Botafumeiro cun Peugeot 206 XS. Ao ano seguinte completou a tempada completa do campionato galego co 206, logrando como mellor resultado un segundo posto no Rally Ourense-Baixa Limia, o seu primeiro podio no certame. Esa tempada rematou en 6ª posición final e gañou o Volante RACC Galicia. Ao ano seguinte debutou no campionato de España disputando case todas as citas do calendario. O seu mellor resultado foi un décimo quinto no Rally de Sierra Morena. Ao ano seguinte só participou no Rally Sur do Condado cun Mitsubishi Lancer Evo VIII e no Rally de Ferrol do nacional acadando o cuarto lugar. En 2010 afrontou de novo o campionato galego pero sumou varios abandonos e só logrou rematar no Rally do Cocido cun terceiro posto e no Rally San Froilán cun segundo.
Na tempada 2011 logrou a súa primeira vitoria no Campionato de Galicia de Rally cunha vitoria no Rally do Cocido. Repetiu en Noia e despois de tres podios (Ulloa, Narón e San Froilán), cambiou de cara ao Rally Serra da Groba onde se inscribiu cun Porsche 997 GT3 RS 3.6 logrando a vitoria. Na última cita, o Rally Botafumeiro, logrou un novo podio, quedando segundo por detrás de Víctor Senra. Estes resultados permitíronlle proclamarse campión galego por primeira vez, xunto ao seu copiloto José Antonio Pintor. Na tempada 2012, con Álvaro Bañobre de copiloto, afrontou de novo o campionato co Porsche acadando resultados máis modestos, sendo os seus mellores postos os tres segundos postos en Narón, Sur do Condado e Ribeira Sacra. Rematou o ano en cuarta posición no campionato. Participou en tres probas nacionais sumando dous abandonos (Canarias e Rías Baixas) e repetiu o cuarto lugar en Ferrol.miniatura|Ivan Ares en 2011 co Porsche 997 GT3.
Na tempada 2013 mantivo unha pelexa con Luis Vilariño polo título galego. Ares gañou en Serra da Groba, Ulloa e Sur do Condado, e sumou outros catro segundos postos. Non obstante o abandono na Ribeira Sacra, onde Vilariño foi segundo, e a posterior cancelación do Botafumeiro impedíronlle loitar polo título ata o final, quedando finalmente segundo. A tempada seguinte foi case redonda, sendo primeiro en todas as probas nas que participou (Cocido, Noia, Cidade de Narón, Sur do Condado, San Froilán e Ribeira Sacra) excepto no Botafumeiro, onde foi segundo. Deste xeito conseguiu o seu segundo título galego case sen oposición. A principios de outubro correu en Portugal o Rally Fafe Montelongo, terceira proba do Campionato de Europa de Rally, logrando subir ao podio en terceira posición, a catro segundos do gañador, o ruso Alexei Lukianuk e a unha décima do segundo, o francés Yoann Bonato.
Campionato de España (2015-actualidade)
Porsche (2015-2016) esquerda|miniatura|Ares no Rally do Cocido de 2014. En 2015 deu o salto ao Campionato de España cun programa completo, mentres que ao campionato galego só acudiu a catro citas, gañando as catro. No nacional logrou o seu primeiro podio cun terceiro posto na Vila de Adeje. Subiu ao podio en Sierra Morena e nas Rías Baixas, e en Ourense conseguiu a súa primeira vitoria. Uns días despois en Ferrol repetiu a fazaña sumando o seu segundo triunfo nacional. Un terceiro e un cuarto posto nos dous eventos asturianos e de novo a vitoria na última cita, o Rally Comunidade de Madrid, permitíronlle acadar o subcampionato de España.
En 2016 correu os dous primeiros eventos do campionato galego, Noia e o Cocido, con dúas vitorias, pero abandonou o campionato despois de que a Federación Galega de Automobilismo decidise limitar a potencia dos Porsche coa colocación dunha brida no turbo. No campionato nacional disputou varias probas con diferentes monturas: Canarias e Adeje cun Ford Fiesta R5, Ferrol e Ourense co Porsche, Princesa de Asturias cun Škoda Fabia R5, e Llanes cun Subaru BRZ. Acadou a vitoria no Rally Princesa de Asturias, sendo o segundo galego en logralo 44 anos despois da vitoria de Estanislao Reverter co Alpinche, e finalizou a tempada en 9º lugar. miniatura|Iván Ares co Porsche 997 GT3 no Rally de Ourense de 2016.
Hyundai (2017-actualidade) En 2017 adquiriu un Hyundai i20 R5 co que se enfrontou ao campionato de España ao completo, con José Antonio Pintor como copiloto. Subiu ao podio nas catro primeiras probas do ano e logo gañou as cinco seguintes: Ferrol, Princesa de Asturias, Llanes, Cantabria (onde se asegurou matematicamente o título) e o Mediterráneo para rematar o ano cun terceiro posto en Madrid que lle permitiu gañar por primeira vez o campionato de España, así como darlle o primeiro título no certame a Hyundai, na súa primeira participación.
En 2018, outra vez con Hyundai, enfrontouse de novo ao nacional, logrando a vitoria na primeira cita, o Rally do Cocido. Foi cuarto en Serra Morena tras unha mala elección de pneumáticos, rompendo unha racha de 11 podios consecutivos (e establecendo un novo récord no campionato) e regresou ao podio nas Canarias, onde foi terceiro. Foi segundo en Villa Adeje por diante de Miguel Ángel Fuster, con quen estaba en loita por liderar o campionato. En Ourense e Alacant gañou pero logo fallou en Ferrol e Oviedo, onde Ares conseguiu o terceiro e segundo posto respectivamente. O podio no Rally Princesa de Asturias permitiulle ao de Hyundai poñerse máis líder no campionato e proclamouse campión por segundo ano da FIA Iberian Rally Trophy. Nas seguintes catro probas conseguiu catro segundos postos, polo que o título foi parar a Fuster, con 16 puntos máis que Ares. esquerda|miniatura|Iván Ares co Hyundai i20 R5 no Rally do Cocido de 2018. En 2019 afrontou de novo o campionato de asfalto co apoio de Hyundai. A súa primeira cita do ano foi o Rally da Coruña onde repetiu o triunfo acadado o ano anterior. A primeira carreira do nacional foi a de Serra Morena, proba onde gañou Pepe López mentres Ares rematou na segunda posición. Nas Canarias substituíu o seu habitual copiloto José Antonio Pintor por David Vázquez, co que logrou outro segundo posto. En Adeje, coa ausencia de Pepe López, conseguiu a primeira vitoria e situouse líder do campionato. En Ourense sufriu unha avaría que o obrigou a se retirar, mais volveu gañar no Cocido, recuperando o primeiro posto tras o abandono de Pepe por unha saída de pista. En setembro acudiu á localidade italiana de Maggiora para participar na última cita do Campionato de Europa de Kart Cross. Logrou a vitoria aos mandos dun Semog Bravo co que partira dende a segunda fila da grella de saída.
En xullo disputouse a 50ª edición do Rally de Ferrol, onde Ares non puido con Pepe López, que gañou a proba por diante do de Cambre. No Rally Princesa de Asturias, tanto Iván Ares como Pepe López tiveron que abandonar por accidente, mentres que na outra proba asturiana, en Llanes, o triunfo foi para Pepe, seguido por Ares, que levou a cabo unha gran remontada tras picar unha roda. A mediados de outubro, Ares rematou en segunda posición o Rally de Cantabria, por detrás de Surhayen Pernía e por diante de Pepe López, colocándose así con 26 puntos de vantaxe sobre López, a falta de dous rallys. Con todo, unha avaría mecánica no Rally de La Nucía-Mediterráneo e a vitoria de Pepe López deixouno sen posibilidades de gañar o campionato, que foi parar ao madrileño. Xa sen opcións, gañou o último rally da tempada, o da Comunidade de Madrid, asegurando así o subcampionato e dándolle a Hyundai a vitoria no campionato de construtores.
En 2020 non competiu ata xullo, por mor da pandemia por coronavirus que paralizou todos os campionatos. Volveu á competición no Rally de Zamudio, o primeiro rally disputado na Península Ibérica despois da interrupción e a primeira proba do campionato vasco. Alí estreou un novo Hyundai i20 R5, que adquirira uns meses antes para substituír o coche co que correra os tres anos anteriores. O dominio de Ares foi absoluto sendo o máis rápido en todos os treitos e sacándolle máis dun minuto ao segundo clasificado, Iván Muñoz. Dúas semanas despois deu comezo o campionato de España, coa disputa do 53º Rally de Ourense. O coche de Ares mantívose case toda a carreira en terceiro lugar, pero lonxe dos tempos de Pepe López e José Antonio "Cohete" Suárez. Con todo, unha roda picada deste último fixo que Ares rematase na segunda posición final a case un minuto de López. En agosto, no 51º Rally de Ferrol, tampouco foi quen de seguir o ritmo de López e Suárez, acabando en terceira posición, resultado que repetiu nos tres seguintes rallys nos que participou: o Rally Fafe Montelongo, do Campionato de Europa de Rally, e os rallys Princesa de Asturias e La Nucía-Mediterráneo, do nacional de asfalto. A continuación gañou o Rally Illas Canarias e quedou segundo no Rally Comunidade de Madrid, finalizando o campionato na terceira posición.
Palmarés Resultados no Campionato de España
Ano Equipo Vehículo 1 2 3 4 5 6 7 8 9 1011 Posición Puntos2008RACC MotorsportPeugeot 206 XSVILRetCNRCAN25RBX23OURFERRetPRA17LLASMO15CBR21SHA132009RMC MotorsportMitsubishi Lancer Evo XVILCNRCANRBXOURFER4PRALLASMOCBRSHA 2012Iván AresPorsche 997 GT3 RS 3.6CNRRetCANRBXRetOURFER4PRALLASMOMAD - 02015Peña Autocross ArteixoPorsche 997 GT3 RS 3.6ADE3CNR4SMO2RBX2OUR1FER1PDA3LLA4MAD1 2º256,52016Peña Autocross ArteixoFord Fiesta R5CNR18ADE2SMO9º126,5Porsche 997 GT3 RS 3.6FER3CANOUR2Škoda Fabia R5PDA1RACESubaro BRZLLA17MEDMAD2017Yacar RacingHyundai i20 R5SMO3ECI2ADE2OUR2FER1PDA1LLA1CAN1MED1MAD31º322,82018Hyundai Motor EspañaHyundai i20 R5COC1SMO4CNR3ADE2OUR2FER3PDA2LLA2CAN2MED2MAD2 2º2622019Hyundai Motor EspañaHyundai i20 R5SMO2CNR2ADE1OURRetCOC1FER2PDARetLLA2CAN2MEDRetMAD1 2º2442020Hyundai Motor EspañaHyundai i20 R5OUR2FER3PDA3MED3CNR1MAD23º122
Resultados no Campionato galego Ano Equipo Vehículo 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Posición Puntos2006Ferralla LoisFiat Punto HGTCOCRDNALBNARRetCONBXLLACLUGPeugeot 206 XSBOT2007Ferralla LoisPeugeot 206 XSCOCRetRDN13ALB?NAR7CON10LUG4BXL2BOT6º2009Mitsubishi Lancer Evo VIIICDUCOCRDNALBCDNSDCRetLUGOBLBOT2010Escudaría Ferralla LoisMitsubishi Lancer Evo VIIICDURetCOC3RDNRetCDNRetSDCLUG2OBLRetBOT 7º 4402011Escudaría Lalín-DezaMitsubishi Lancer EvoCOC1NOI1CDU2NAR2SDC5SFR3san Froilan 2011OBL61º1861Porsche 997 GT3 RS 3.6SDG1BOT2Botafumeiro 20112012Escudaría Lalin-DezaPorsche 997 GT3 RS 3.6COCRDNRetCDU4CDN2SDC2LUG13RBS2BOTRet 4º 8572013Escudaría Lalin-DezaPorsche 997 GT3 RS 3.6SDG1COC2RDNRetULL1CDN2SDC1LUG2RBSRet 2º 12152014 Escudaría Lalín-DezaPorsche 997 GT3 RS 3.6COC1RDN1BOT2CDN1SDC1ULLLUG1RBS1TVA1º 17902015Peña Autocross ArteixoPorsche 997 GT3 RS 3.6COCRDNCDNSDCCOR1ULL1LUG1RBS12016Peña Autocross ArteixoPorsche 997 GT3 RS 3.6RDN1COC1TVARDNSDCLUGRBSULL2017Yacar RacingPorsche 997 GT3 RS 3.6COR3COCRDNCDNSDCOURLUG2018Ares RacingHyundai i20 R5COR1RDNRBSCDNSDCBOTRBSLUGULL2019Ares RacingHyundai i20 R5COR1RDNRBSCDNSDCBOTRBSLUGULL
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas