Jacobo Fernández García, nado en Sobrado en 1959, é un político galego do PPdeG.

Traxectoria Funcionario de Fomento. Nas eleccións municipais de 1995 encabezou unha candidatura independente á alcaldía de Sobrado logrando 5 dos 11 concelleiros, pero un goberno conxunto de PPdeG e PSdeG-PSOE apartouno da alcaldía en favor do popular José María Sánchez Peteiro. Trala ruptura do pacto de goberno entre ambas as forzas en novembro de 1997, os independentes pasaron a apoiar a Sánchez Peteiro ata agosto de 1998, cando tamén racharon o acordo, agás un dos edís. En decembro de 1998, o resto dos independentes xunto con dous edís socialistas (entre eles o exalcalde Gerardo Sánchez López) presentaron unha moción de censura que encabezaba o independente José López Sánchez, que se materializou en xaneiro de 1999. Nas municipais de xuño de 1999, Fernández encabezou a lista do PPdeG con López Sánchez e Sánchez López integrados, sendo elixido alcalde con maioría absoluta ao obter 7 dos 11 concelleiros. O exalcalde José María Sánchez Peteiro encabezou Democracia Galega que logrou dous edís. Revalidou a maioría absoluta nas seguintes eleccións de 2003, 2007 e 2011.

Nas municipais de 2015 perdeu a alcaldía e a maioría absoluta ao pasar de 7 a 3 concelleiros, sendo o seu sucesor Luís Lisardo Santos Ares do PSdeG-PSOE, que gañara as eleccións con 4 concelleiros. En marzo de 2017 apoiou xunta os seus compañeiros do PPdeG unha moción de censura liderada pola independente María Jesús García Souto.

Retirouse da política activa en 2018, cando deixou a súa acta de concelleiro para deixar paso ao seguinte da lista co fin de que se apoiase unha moción de censura contra a entón alcaldesa que supuxo que o socialista Lisardo Santos recuperase a alcaldía, sendo expulsado do PPdeG por dito feito, xuntos cos outros dous concelleiros.

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Sobrado

Ligazóns externas Entrevista en La Voz de Galicia

Categoría:Alcaldes de Sobrado Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Sobrado Categoría:Nados en 1959 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes