Astérix, tamén denominado A-1, foi o primeiro satélite artificial francés, convertendo a Francia no terceiro país en lanzar un satélite cun vehículo lanzador propio. O satélite foi lanzado o 26 de novembro de 1965 ás 15:47 desde o polígono de Hammaguir, en Alxeria, mediante un foguete Diamant A.
Características Astérix ten forma de dobre cono, cun diámetro máximo de 0,53 metros, e a súa función era comprobar o rendemento e o comportamento do foguete durante o lanzamento. Como misión secundaria, usaríase para facer medicións da ionosfera, pero debido a un problema coas antenas non se recibiu telemetría do satélite nin se puideron levar a cabo as medicións ionosféricas.
Notas
Categoría:Satélites artificiais de Francia