Gerardo Rodríguez Domínguez é un político galego do PPdeG.

Traxectoria Concelleiro polo PPdeG en San Xoán de Río de 2007, en xuño de 2010 foi elixido para presidir a xestora do PPdeG en San Xoán de Río. Nas eleccións municipais de 2011 encabezou a candidatura do PPdeG á alcaldía de San Xoán de Río e foi elixido alcalde con maioría absoluta. En decembro de 2011 presentouse como candidato a presidir a Mancomunidade das Terras de Navea-Bibei pero foi derrotado polo candidato do PSdeG-PSOE. Nas municipais de 2015 perdeu a alcaldía en favor do PSdeG-PSOE, que logrou a maioría absoluta.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en San Xoán de Río

Categoría:Alcaldes de San Xoán de Río Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia