O ligamento conoide é un ligamento do membro superior humano, que forma parte do ligamento coracoclavicular e polo tanto da articulación acromioclavicular e do ombreiro. Ten forma de cono, que lle dá o nome. Sitúase por dentro do ligamento trapezoide e coma este, discorre dende o acromion ata o tubérculo conoide da clavícula. Por diante ten os músculos subclavio e deltoide. Por detrás ten o músculo trapecio.
Véxase tamén Bibliografía Gray. Anatomy of the human body . Edición de 1918 de dominio público.
Categoría:Ligamentos do membro superior