Oopart é o acrónimo en inglés de Out of Place Artifact (literalmente, ‘artefacto fóra de lugar’), verba creada polo zoólogo estadounidense Ivan T. Sanderson que fai referencia a obxectos paleontolóxicos e arqueolóxicos que en aparencia se encontraron en lugares ou épocas onde se cre imposible polas súas características (complexidade tecnolóxica, referencias á civilización actual etc) sendo por iso obxectos totalmente anacrónicos.
Interpretación popular
O termo foi amplamente utilizado para intentar refutar teorías como a teoría da evolución ou a estimación científica da idade da Terra. Os ooparts tamén foron usados polos afeccionados da ufoloxía e outras pseudociencias como base para a teoría de que a humanidade foi fundada ou alterada por civilizacións extraterrestres moito máis avanzadas (creacionismo alieníxena), xa que, desde este punto de vista, algúns dos pobos antigos posuíron, precisamente por este motivo, coñecementos científicos en determinadas áreas polo menos insólitos para o seu tempo.Un exemplo comunmente citado (a partir do traballo de Erich von Däniken) sería o (suposto) elevado nivel tecnolóxico necesario para a construción dos monumentos do Antigo Exipto, especialmente a Gran Pirámide. Por outro lado, a consideración de oopart depende en gran parte dos coñecementos que se dominan dun período histórico, por iso é tan relativa como a veracidade das teorías de quen o utilizan como argumento.
Interpretación científica Se ben é certo que as características aparentemente extraordinarias dalgúns destes obxectos aínda non posúen unha interpretación desde a arqueoloxía, paleontoloxía ou outras áreas de estudo, aínda que tamén algúns obxectos foron catalogados como ooparts para logo saír desta clasificación,Por exemplo, o chamado mecanismo de Anticitera, cunha tecnoloxía que se considerou durante moito tempo incongruente coa datación arqueolóxica realizada ao mesmo, condición rectificada posteriormente. en xeral a comunidade científica amósase escéptica fronte ás interpretacións que cualifican estes obxectos como "fóra de lugar". Un gran número destes foron rexeitados como produtos de fenómenos como o palimpsesto, a pareidolia, a falsificación ou simplemente a ignorancia respecto ás culturas que produciron o obxecto en cuestión.
Oopart máis populares
Artefacto Imaxe Descrición Datación Lugar de encontro Interpretación Ferro de Wolfsegg 150px Peza de ferro de forma máis ou menos cúbica Indeterminada Mina de ferro en Austria. Probablemente un meteorito Platillos de Dropa ou de Bayan Kara Ula Platillos con inscricións supostamente alieníxenas Paleolítico Superior Localidade de Nimu na rexión chinesa de Sichuan, na fronteira do Tíbet Todas as probas arredor deste caso son dubidosas, partindo da identidade dos seus descubridores. Fonte Magna
Bol de cerámica con suposta escritura cuneiforme, sumeria e semita.
Bolivia En estudo Artefacto de Coso Buxía encontrada dentro dun fragmento de arxila petrificada. 700.000 anos de antigüidade. Olancha, California. Trataríase dunha simple buxía utilizada en traballos de minería, que ficou envolta en formigón. Esferas metálicas de Klerksdorp 150px Bolas de pirita acanaladas de orixe supostamente artificial. Período Precámbrico Ottosdal, Suráfrica Nódulos de pirita de orixe metamórfica, e nódulos de goethita formados do desgaste da pirita. Martelo de Kingoodie Martelo incrustado en pedra. Cretáceo Kingoodie Quarry, Escocia Cuestiónase a ausencia de oxidación, polo tanto, a autenticidade do obxecto. Vaso de Dorchester Vaso de prata e zinc. 100.000 anos de antigüidade Massachusetts Obxecto desaparecido Pedras de Ica 150px Pedras de andesita con gravados que representan dinosauros, tecnoloxía moderna e supostos seres extraterrestres. Indeterminada Ica, Perú. Falsificación. Planeador de Saqqara 150px Suposto modelo dun avión moderno. 200 a. C. Exipto Un xoguete para un neno ou un cataventos con forma de falcón. Lámpadas de Dendera 150px Xeroglíficos que supostamente representan bombillas modernas. Século IV a. C. Dendera, Exipto. Pareidolia provocada por xeroglíficos que representan a unha serpente e unha flor de loto. Cranios de cristal 150px Representacións de cranios humanos tallados en cristal. 1400-1500 a. C. Lubaantún, no Iucatán e Belize FalsificaciónPrecolombinos del siglo XIX, BBCMundo. Batería de Bagdad 150px Xerras utilizadas supostamente para xerar electricidade. 250 a. C. e 250 d. C. Bagdad, (Iraq) A ausencia de rastros dalgún electrólito, o baixo potencial eléctrico do sistema e a ausencia de usos prácticos para a electricidade na época cuestionan o obxecto como oopart.Los Extraños Cilindros de Bagdad:¿Pilas eléctricas o cocteleras? Mapa de Piri Reis 150px Mapa de orixe otomá onde se representa o continente americano. 1513 Istanbul, Turquía. En estudo. Figuras de Acámbaro Figuras de arxila cocida que representan dinosauros 6000 anos de antigüidade Guanajuato, México. Falsificación. Xeroglíficos exipcios do século III Xeroglíficos exipcios inscritos a miles de quilómetros de Exipto Século III Iruña-Veleia, Vasco. Falsificación.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Círculo escéptico, sitio no que se trata o fenómeno dos ooparts e as experiencias paranormais desde un punto de vista científico. Anotherhistory.com Blog dedicado á historia heterodoxa.
Categoría:Arqueoloxía