The Aristocats é un filme de animación de Disney producido e estreado por Walt Disney Productions en 1970. É o filme número vinte dos clásicos Walt Disney Animated Classics series, e baséase na historia de Tom McGowan e Tom Rowe, que xira arredor dunha familia de gatos aristócratas. O título é un xogo de palabras co termo inglés aristocrats.

Sinopse 1910. En París, unha dama millonaria e excéntrica leva unha vida feliz cos seus gatos nunha enorme mansión, coa única axuda do seu mordomo Edgar. Alí, Duquesa vive despreocupadamente cos seus tres gatiños, sen saber que Edgar argalla acabar con todos os gatos para converterse no único herdeiro da enorme fortuna da Madame Bonfamille. Con este propósito, abandónaos nun lugar remoto, pero os gatos coñecen a Thomas O’Malley, un atractivo gato vagabundo. Dende o principio, O’Malley, atraído pola elegancia de Duquesa, proponse axudala a regresar a casa de Madame Bonfamille, aínda que para iso teña que enfrontarse cos perigos da gran cidade. Ademais contarán coa axuda de Scat Cat e os seus gatos swing, que engaden un toque de ritmo e diversión á vida de Duquesa e tres gatiños.

Personaxes (Voces da dobraxe orixinal).

Phil Harris como Thomas O'Malley Eva Gabor como Duquesa, a gata branca Roddy Maude-Roxby como Edgar Scatman Crothers como Scat Cat, o Gato Jazz Gary Dubin como Toulouse Liz English como Marie Dean Clark como Berlioz Sterling Holloway como Roquefort o rato Paul Winchell como Shun Gon, o gato chinés Lord Tim Hudson como Hit Cat, o gato inglés Vito Scotti como Peppo, o gato italiano Thurl Ravenscroft como Billy Boss, o gato ruso Pat Buttram como Napoleon, can George Lindsey como Lafayette, o Basset Hound Hermione Baddeley como Madame Adelaide Bonfamille Charles Lane como Georges Hautecourt o avogado Nancy Kulp como Frou-Frou, a egua Monica Evans como Abigail Gabble Carole Shelley como Amelia Gabble Bill Thompson como Tío Waldo Peter Renaday - Repartidor do leite/Cociñeiro de Le Petit Cafe/Condutor de camión Maurice Chevalier como Cantante

Notas

Categoría:Filmes de 1970 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes en lingua francesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Wolfgang Reitherman Categoría:Filmes de Walt Disney Pictures Categoría:Filmes ambientados en 1910