Romário Da Souza Faria, nado en Río de Xaneiro o 29 de xaneiro de 1966, e un político e futbolista brasileiro, que xoga de dianteiro. Dende 2014 é senador do seu país.
Gañou o Mundial de Fútbol de 1994. Alcumado O Baixinho pola súa pequena estatura, foi un dianteiro goleador e talentoso, que recibiu o premio FIFA World Player en 1994. Máximo goleador do Campionato Carioca en 7 ocasións, da Eredivisie noutras 3 ocasións, e da Liga española nunha ocasión mais, ó longo da súa carreira profesional anotou 902 goles entre clubs e selección.
Carreira profesional A súa carreira comezou no Vasco da Gama, equipo no que acreditou uns rexistros goleadores que chamaron a atención de varios equipos europeos. En 1988 asinou un contrato co recente gañador da Liga de Campións da UEFA, o PSV Eindhoven. Despois de 5 tempadas en Países Baixos, o FC Barcelona adestrado por Johan Cruyff fíxose cos seus servizos para tentar gañar a 2ª Copa de Europa. A pesar de acadar o Pichichi e a liga no seu primeiro ano, na seguinte tempada abandonou o club, para rematar a tempada no Flamengo. Ó ano seguinte volveu a España para defender as cores do Valencia CF, pero non xogou máis que 10 encontros. O resto da súa carreira foi unha continua peregrinación por varios clubs brasileiros, asiáticos, australianos e estadounidenses, lonxe do máximo nivel do fútbol internacional.
ClubTempadaLiga Copas Nac.Copas Inter.TotalPXogGolesPXogGolesPXogGolesPXogGolesVasco da Gama1985/8812580----125801999/0279819624191121062005/06342434--37282007/0863----63 Total 24418812102419280217PSV Eindhoven1988/931079811132216140127 Total 1079811132216140127FC Barcelona1993/954634201756539 Total 4634201756539Flamengo1995/9659591024273631996/972321970032281997/996352111310128477 Total 14513230221414189168Valencia CF1996/97540000541997/9841110052 Total 951100106Fluminense20022616000026162003/04341822003620 Total 603422006236Al-Sadd Sports Club200330000030 Total 30000030Miami FC (*)2006251910002619 Total 251910002619Adelaide United200641000041 Total 41000041Total na súa carreira63751159487754773613 (*) Goles e encontros de Segunda División
Coa selección brasileira disputou 70 encontros, anotando 55 goles, que o colocan na 3ª posición de goleadores coa canarinha por detrás de Pelé (77 goles) e Ronaldo (67 goles), e por diante de Zico (52 goles) e Bebeto (39 goles). Trala prata acadada nos Xogos Olímpicos de Seúl en 1988, conquistou a Copa América de 1989, o Mundial de 1994, de novo a Copa América en 1997, e a Copa Confederacións de 1997. En 1998 tivo unha lesión e non foi chamado para o mundial. O último encontro de Romário coa selección do Brasil tivo lugar o 27 de abril de 2005.
Palmarés Como xogador da selección: Copa Mundial de Fútbol (1) = 1994 Copa América (2) = 1989, 1997 Copa Confederacións (1) = 1997 Como xogador de club: Campionato Carioca (3) = 1988, 1996, 1999 Eredivisie (3) = 1989, 1991, 1992 Liga Española (1) = 1994 Brasileirao (1) = 2000 Copa Mercosur (2) = 1999, 2000 Copa dos Países Baixos (1) = 1990 Supercopa de España (1) = 1994
Véxase tamén Ligazóns externas Todo sobre Romário en Sambafoot
Categoría:Futbolistas olímpicos do Brasil Categoría:Xogadores do FC Barcelona Categoría:Xogadores do Valencia CF Categoría:Xogadores da selección de fútbol do Brasil Categoría:Nados en 1966 Categoría:Nados no Río de Xaneiro Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do PSV Eindhoven Categoría:Xogadores do Flamengo Categoría:Xogadores do Vasco da Gama Categoría:Futbolistas nos Xogos Olímpicos de 1988 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1988 Categoría:Medallistas olímpicos de prata polo Brasil Categoría:Medallistas olímpicos en fútbol Categoría:Adestradores de fútbol do Brasil Categoría:Políticos do Brasil Categoría:Gañadores do Trofeo Pichichi Categoría:Adestradores do Vasco da Gama Categoría:Futbolistas gañadores do Mundial Categoría:Futbolistas gañadores da Copa América