Aragón (en aragonés e castelán: Aragón, en catalán: Aragó) é unha comunidade autónoma con estatuto de «nacionalidade histórica» situada no norte de España, resultante do reino histórico do mesmo nome, que abrangue o tramo central do val do Ebro, os Pireneos centrais e as Serras Ibéricas. Limita ao norte con Francia, ao oeste con Navarra, A Rioxa e Castela e León (provincia de Soria), ao sur con Castela-A Mancha (provincias de Guadalaxara e Cuenca) e a Comunidade Valenciana (provincias de Castelló e Valencia) e ao leste con Cataluña (provincias de Lleida e Tarragona).

O Reino de Aragón, canda o Condado de Barcelona, o Reino de Valencia e o Reino de Mallorca, formaron a histórica Coroa de Aragón; e foi un dos reinos que formaron o Reino de España. Dende 1978 é unha comunidade autónoma española, composta polas provincias de Huesca, Teruel e Zaragoza, e que se articulan en 32 comarcas e 1 delimitación comarcal. A capitalidade reside na cidade de Zaragoza, que concentra a metade da poboación da comunidade. O 23 de abril celébrase a festividade de San Xurxo, día de Aragón.

En Aragón fálanse variedades lingüísticas clasificadas dentro de tres idiomas: o castelán, única lingua oficial e maioritaria; o aragonés, lingua orixinal e histórica falada actualmente no norte da comunidade; e o catalán, falada na franxa oriental.

Xeografía A superficie de Aragón é de 47.719,2 km² dos cales 15.636,2 km² pertencen á provincia de Huesca, 17.274,3 km² á provincia de Zaragoza e 14.808,7 km² á provincia de Teruel. O total representa un 9,43% da superficie de España, sendo así a cuarta comunidade autónoma en tamaño por detrás de Castela e León, Andalucía e Castela-A Mancha.

Relevo miniatura|esquerda|250px|O Val de Ordesa, na comarca de Sobrarbe. A orografía da comunidade ten como eixo central o val do Ebro (alturas entre 150 e 300 metros aprox.) o cal transita entre dous somontanos, o pirenaico e o ibérico, preámbulos de dúas grandes formacións montañosas, os Pireneos ao norte e o Sistema Ibérico ao sur.

O Pireneo aragonés conta coas principais alturas desta cordilleira que separa Francia e España. Destacan o Aneto (3.404 msnm), Posets (3371 msnm), Monte Perdido (3,355 msnm), Perdiguero (3,221 msnm), Cotiella (2,912 msnm), entre outros. Os principais vales pirenaicos, formados polos ríos que aí nacen, son Ansó (río Veral), Hecho (río Aragón Subordán), Canfranc (río Aragón), Tena (río Gállego) e Broto-Ainsa-Benasque (ríos Ara, Cinca e Ésera). É precisamente por encima destes vales onde se sitúa o Parque Nacional de Ordesa e Monte Perdido.

Entre o somontano e o pireneo levántanse un conxunto de serras que forman o chamado prepireneo, que alcanza unha altura máxima de 2,077 msnm (Serra de Guara). Destacan pola súa beleza os Mallos de Riglos, preto da localidade de Ayerbe.

O tramo aragonés do Sistema Ibérico é un conxunto de serras sen unidade estrutural clara, que pode dividirse en dúas zonas: sistema Ibérico do Jalón, onde destaca o Moncayo con 2,313 msnm, e o Sistema Ibérico Turolense, onde se achan serras como a de Albarracín ou a serranía do Maestrazgo, esta última de gran complexidade orográfica.

Clima e vexetación miniatura|250px|esquerda|Paraxe de Los Monegros, de clima árido e temperaturas extremas. miniatura|250px|Formigal no inverno. Aínda que o clima de Aragón pode considerarse, en xeral, como continental moderado, a súa irregular orografía fai que se cren varios climas ou microclimas ao longo e ancho de toda a comunidade. Desde a alta montaña, con xeos perpetuos (glaciares), ata zonas esteparias como Los Monegros pasando polo clima continental intenso da zona de Teruel-Daroca.

As temperaturas medias son moi dependentes da altura. No val do Ebro os invernos son relativamente moderados (aínda que a sensación térmica diminúa moito co forte vento norte) e as temperaturas no verán poden alcanzar os 40 °C. Nas zonas de montaña os invernos son máis longos e as temperaturas medias poden ser ata 10 °C máis baixas que no val. Dous son os ventos máis importantes de Aragón: o cierzo do norte e o bochorno de levante. O primeiro é un vento que percorre o val do Ebro de noroeste a sueste e que pode presentar gran forza e velocidade. O segundo é un vento cálido, máis irregular e suave procedente do sur-este.

A vexetación segue as oscilacións do relevo e do clima. Hai unha gran variedade, xa sexa vexetación silvestre ou cultivos humanos. Nas zonas altas pódense atopar bosques (piñeiros, abetos, haxas, carballos), matogueiras e prados, mentres que as zonas do val do Ebro son explotadas para uso agrícola.

Hidrografía miniatura|dereita|250px|O Ebro ao seu paso por Zaragoza. A maior parte dos ríos aragoneses son afluentes do Ebro, que é o máis caudaloso de España e divide en dous á comunidade. Dos afluentes da marxe esquerda do río, é dicir os ríos con orixe no Pireneo, destacan o Aragón, que nace en Huesca pero desemboca na comunidade de Navarra, o Gállego e o Cinca, o cal únese ao Segre xusto antes de desembocar no Ebro á altura de Mequinenza. Na marxe dereita destacan o Jalón, o Huerva e o Guadalope.

Na canle do río Ebro, cerca do límite con Cataluña, sitúase o Encoro de Mequinenza, de 1530 hm³ e unha lonxitude duns 110 km; é coñecido popularmente como o Mar de Aragón.

Mención á parte dentro da hidrografía merecen os pequenos lagos de montaña pirenaicos chamados ibones. Estes lagos, de gran beleza paisaxística, teñen a súa orixe na última glaciación e adóitanse atopar por encima dos 2000 msnm.

Historia miniatura|300px|San Pedro de Siresa, foco monástico, político e cultural do condado aragonés, onde foi educado Afonso I.

O nome de Aragón está documentado por primeira vez durante a Alta Idade Media no ano 828, cando un pequeno condado de orixe franco, xurdiría entre os ríos que levan o seu nome, o río Aragón, e o seu irmán o río Aragón Subordán.

Aquel Condado de Aragón veríase unido ao Reino de Navarra ata 1035, e baixo a súa á crecería ata formar dote de García Sánchez III á morte do rei Sancho O Maior de Pamplona, nun período caracterizado pola hexemonía musulmá en case toda a Península Ibérica. Baixo o reinado de Ramiro I ampliaríanse fronteiras coa anexión dos condados de Sobrarbe e Ribagorza (ano 1044), tras incorporar poboacións da comarca histórica das Cinco Villas.

En 1076, á morte de Sancho IV o de Peñalén, Aragón incorpora aos seus territorios parte do reino navarro mentres que Castela fai o propio coa zona occidental dos antigos dominios de Sancho o Maior. A través dos reinados de Sancho Ramírez de Aragón e Pedro I, o reino amplía as súas fronteiras ao sur, establece fortalezas ameazantes sobre a capital de Zaragoza nel Castellar e Juslibol e toma Huesca, que pasa a ser a nova capital.

Así se chega ao reinado de Afonso I O Batallador que conquistaría as terras chairas do val medio do Ebro para Aragón: Ejea, Valtierra, Calatayud, Tudela e Zaragoza, a capital da Taifa de Saraqusta. Á súa morte os nobres elixirían ao seu irmán Ramiro II O Monxe, que deixou a súa vida relixiosa para asumir o cetro real e perpetuar a dinastía, o que conseguiu coa unión dinástica da Casa de Aragón coa posuidora do Condado de Barcelona en 1137, ano en que a unión de ambos os patrimonios daría lugar á Coroa de Aragón e agregaría as forzas que á súa vez farían posible as conquistas do Reino de Mallorca e o Reino de Valencia. A Coroa de Aragón chegaría a ser a potencia hegemónica do Mediterráneo, controlando territorios tan importantes como Sicilia ou Nápoles.

A lenda posterior facía á monarquía aragonesa elegible e creou unha frase de coroación do rei que se perpetuaría durante séculos:

miniatura|esquerda|260px|A Coroa de Aragón no século XV.

Esa situación repetiríase no Compromiso de Caspe (1412), onde se evita unha guerra que houbese desmembrado a Coroa de Aragón ao xurdir unha boa presa de aspirantes ao trono, tras a morte de Martín I O Humano un ano logo da morte do seu primoxénito, Martín O Mozo. Fernando de Antequera é o elixido, da rama castelá dos Trastámara, pero tamén directamente entroncado co rei aragonés Pedro IV O Cerimonioso, a través da súa nai Leonor de Aragón.

Aragón é xa un ente político de grande escala: a Coroa, as Cortes, a Deputación do Reino e o Dereito Foral constitúen a súa natureza e o seu carácter. O matrimonio de Fernando II de Aragón con Isabel I de Castela, celebrado en 1469 en Valladolid, derivou posteriormente na unión das coroas de Aragón e Castela, creando as bases do Estado Moderno. A Idade Moderna, con todo, presenciou tamén as tensións entre o poder da Monarquía Hispánica e os establecidos nos estados forais procedentes da evolución das institucións medievais, que acabaron estalando no conflito das Alteracións de Aragón de 1591. miniatura|350px|Aragonia Regnum, mapa dos Blaeu baseado no de Juan Bautista Labaña, e publicado cara 1640.

Tras o recorte subseguinte ás atribucións da Xeneralidade de Aragón nas Cortes de Tarazona de 1592, fundamentalmente en materia militar para evitar que puidese ser armado fronte ao rei de España un exército cos recursos e prerrogativas da Deputación do Xeneral, o século XVII foi un período de decadencia das institucións propias do Reino de Aragón, que foi compensado co labor historiográfica e de literatura xurídica que mantivo a memoria das peculiaridades aragonesas. Destaca neste sentido a creación en 1601 do Arquivo do Reino de Aragón (en gran medida destruído durante a guerra da independencia española e os Sitios de Zaragoza xunto co Palacio da Deputación do Reino), a continuidade do cargo de Cronista de Aragón -onde destacaran autores como Jerónimo Zurita- e os seus resultados patentes na obra dos irmáns Argensola co seu Información dos sucesos de Aragón de 1590 e 1591 (de Lupercio) e Alteracións populares de Zaragoza do ano 1591 (de Bartolomé, ou os Anais de Juan Costa e Jerónimo Martel, testemuñas presenciais e tamén cronistas do Reino, que foron no entanto destruídos pola censura rexia; obras todas elas escritas para contrarrestar a versión filipina dos feitos. Doutra banda, a Deputación do Xeneral tamén exerceu a censura, e ordenou queimar a Historia das cousas sucedidas neste Reyno en seis volumes do castelán Antonio de Herrera porque «en ditas Crónicas dicíanse moitas cousas contrarias á verdade» e encomendouse a Vicencio Blasco de Lanuza a redacción dunhas Historias eclesiásticas e seculares de Aragón, cuxo segundo volume, que trataba os graves sucesos recentemente ocorridos, foi publicado en 1619, tres anos antes que o primeiro, o que dá idea da intención de responder á visión de Herrera. Na mesma liña, encargouse un Cerimonial e breve relación de todos os cargos e cousas ordinarias da Deputación do Reino de Aragón, ao seu Tenente de Alcaide, Lorenzo Ibáñez de Aoiz. Tamén se emprende neste período a cartografía do Reino de Aragón, encomendada ao portugués Juan Bautista Lavaña. Estas dúas últimas obras foron concluídas en 1611.

Durante a guerra de sucesión, Aragón (do mesmo xeito que o resto de territorios da Coroa: Cataluña, Valencia e Mallorca) apoiou ao arquiduque Carlos (da casa de Austria) fronte a Filipe V (dos Borbóns). Tras a batalla de Almansa (1707), Filipe V aboliu os foros aragoneses, adoptou varias medidas centralistas e foron anuladas todas as antigas disposicións políticas do reino (Decretos de Nova Planta). Aragón converteuse na práctica nunha provincia e o seu Consello foi absorbido polo Consello de Castela. miniatura|esquerda|220px|Emblema alegórico do Goberno Político de Aragón do Trienio liberal (1820). A Constitución Política ilumina un escudo de Aragón con coroa real pechada.