BremSat foi un satélite artificial alemán lanzado desde a bodega de carga do transbordador espacial Discovery durante a misión STS-60.

Características BremSat foi construído polo Centro de Tecnoloxía Espacial Aplicada e Microgravidade (ZARM polas súas siglas en alemán), pertencente á Universidade de Bremen co patrocinio da Axencia Espacial Alemaña. Tiña forma de dodecaedro de 48 centímetros de diámetro e 52 centímetros de altura.

O satélite foi inxectado nunha órbita inicial de 363 x 344 quilómetros e cunha inclinación orbital de 56,9 graos e reentrou na atmosfera o 12 de febreiro de 1995.

Obxectivos da misión A misión de BremSat dividiuse en tres fases:

Microgravedade, a bordo do transbordador, antes de ser lanzado. Orbital, trala inxección en órbita. Reentrada atmosferica.

Os obxectivos eran facer medicións de condutividade de calor, forzas de aceleración residuais, estimar a calidade da microgravedade a bordo, investigar a distribución de densidade e a dinámica dos micrometeoritos e das partículas de po en órbita baixa da Terra, cartografar a distribución de oxíxeno atómico, medir o intercambio de momento e enerxía entre o fluxo molecular e o satélite en rotación e medir a presión e temperatura durante a reentrada atmosferica.

O satélite levaba a bordo un volante de inercia e bobinas magnéticas, un magnetómetro e sensores solares e estelares.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas THE BREMSAT PHASE-MODULATED COMMUNICATIONS LINK

Categoría:Satélites artificiais