Rosalía Fernández Rial, nada en Muxía o 30 de maio 1988, é unha escritora e música galega.

Traxectoria dereita|miniatura|Na entrega do Premio Illa Nova 2018. dereita|miniatura|En concerto con Chicharrón. Licenciada en Filoloxía e Doutora en didáctica das linguas e expresión dramática pola Universidade de Santiago de Compostela. Estudou e toca o acordeón, fai teatro e, sobre todo, escribe. A súa tese de doutoramento presentada na USC é Expresión dramática e teatral para a clase de linguas no ensino secundario. Forma parte do grupo musical Chicharrón.

Obras Poesía En clave de sol. Poemario musical (2009). Asociación Cultural Lumieira. Átonos. Poemario sensorial (2011). Asociación Cultural Lumieira. Vinte en escena (2012). Positivas. Ningún amante sabe conducir (2014). Positivas. Contra-acción (2016). Neopàtria. SACAR a BAILAR. Poesía reunida (2009-2016) (2016). Sial-Pigmalión. Edición bilingüe galego-castelán. Árbores no deserto (2020). Galaxia. Ilustracións de María Xosé Costa Valiño (Chiña). 124 páxs. ISBN 978-84-9151-470-1. Publicados en Grial algúns dos poemas do libro. Desnortada (2021). Espiral Maior, Col. Poesía Alba Longa. CD con 8 poemas con voz da propia autora e composición musical e interpretación (acordeón) de María Álvarez Santiago. De centeo e durmideiras / De centeno y adormideras (2024). Cuatro lunas. Edición bilingüe con prólogo de Yolanda Castaño. 96 páxs. ISBN 978-84-19783-16-5.

Ensaio Aulas sen paredes (2016). Positivas. Estudo teórico-práctico derivado da Tese de Doutoramento sobre o uso da expresión dramática e teatral como ferramentas pedagóxicas para as aulas de linguas. "Medrar é aprender a fuxir das dictaduras. Unha proposta alén das lecturas obrigatorias" (2020). En Grial, 228, tomo LVIII. pp. 136-139. Mover ficha. Proposta didáctica para as aulas de linguas e literatura (2024). Vigo: Galaxia. 272 páxs. ISBN 9788411762052.

Narrativa Bonus Track (2018). Galaxia, ISBN 978-84-9151-154-0, 164 p.. Libro de relatos tecido con letras de cancións.

Teatro

Fóra de campo (2024). Vigo: Galaxia, Costa Oeste. 68 páxs. ISBN 978-84-1176-321-9.

Obras colectivas Follas de Carballo, 2011, Asociación Cultural Lumieira. Un mar de sensacións. Rutas e poemas para descubrir a Costa da Morte (2012)., con Xan Fernández Carrera, Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte. Versos no Olimpo. O Monte Pindo na poesía galega, 2013, Toxosoutos. Versus cianuro. Poemas contra a mina de ouro de Corcoesto, 2013, A. C. Caldeirón. Contos de taberna, 2014, Edicións Embora. 150 Cantares para Rosalía de Castro, 2015, libro electrónico. Catálago, libro-catálogo de obra plástica e poesía, con Paco Souto, Mon Lendoiro e Chiña. Pico Sacro. Ferido polo lóstrego e a lenda, 2017, Alvarellos. O libro dos libros (2018, Galaxia), co relato "Sherezade tras o espello". Arrincando marcos 2019 (Positivas, 2019). Entre donas (2020). Baía Edicións. 208 páxs. ISBN 9788499953427. Dez relatos de escritoras galegas actuais colocando as mulleres no centro da historia.

Premios Premio á mellor iniciativa bibliográfica da II Gala do Libro Galego no 2017, por Aulas sen paredes. O seu poema A reflexión foi Premio aRi[t]mar 2021, convocado pola Escola Oficial de Idiomas de Santiago con apoio de institucións de Galiza e Portugal. Premio Vidal Bolaño 2024 por Fóra de campo.Rosalía Fernández Rial obtén o VII Premio Vidal Bolaño

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina web da autora Entrada na AELG Artigos en Praza Pública Perfil en As escollas electivas "A relación entre a música e a literatura aínda ten campos por explorar" , entrevista en Sermos Galiza, 30 de abril de 2018.

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Nados en Carballo Categoría:Nados en 1988